Vivenda social 1911-2012
luns, 27 de abril do 2009, por Isaac Cordal.

Dende edicións espontáneas infórmannos da exposición na Consellería de Vivenda da Xunta de Galicia sobre a vivenda social, presente, pasada, e futura, un resumo a traveso de 37 actuacións feitas en Galicia entre 1911-2012. Tamén veñen de publicar o libroVivenda colectiva vivenda protexida.


VIVENDA SOCIAL en GALICIA 1911-2012. EXPOSICION from edicions espontaneas on Vimeo.

Pensar en futuro é sempre a ocasión para darnos conta das aportacions realizadas até o de agora, das necesidades non resoltas, e das prioridades que deberán ser planificadas. A vivenda en xeral, e tamén a vivenda pública, pese ao actual contexto económico, non se pensa unicamente coma un producto que satisfaga as nosas necesidades de habitar, senón coma mercancía para ser vendida, un capital que ten unhas expectativas de futuro e incorpora o valor do urbano que xenera. Non se fala da vivenda como necesidade social, senón coma un obxecto máis do mercado. Se en cen anos de construción de vivenda social observamos que o acceso á vivenda das clases con menos recursos nunca se deu por solucionado, e segue a ser un problema, faise necesario reflexionar sobre as solucións dadas.

Parte do programa de Miraxes da TVG. Barrios de vendas sociais en Galicia.


Barrios de vivendas sociais en Galicia. Programa MIRAXES TVG from edicions espontaneas on Vimeo.

Enviar comentario
Comentarios
28 de abril do 2009 01:09, por Gisela

ISaac, que lindo todo este tema que has subido, muy interesante. Me ha hecho gracia lo que dijo el último señor mayor arquitecto, "la falta de contacto con el mundo exterior era notoria, salir de Galicia en esa época, era ver el mundo con un ojo y volver con ese conglomerado de información y crear algo nuevo".
Me ha gustado mucho la gráfica expositiva y la del libro, sabes quién la realizo?

Categorías
Isaac Cordal