WE LOVE WINDOWS
mércores, 4 de novembro do 2009, por nela que.

“We love Windows” (prepoesía-parkour)
Tayone + Lauren + mdmme.

Mañá xoves 4 d Novembro as 20.00 h no Verbum – Vigo.

Encargo da aartistica para o Museo Verbum, programado no ciclo 6x6 Punto de encontro adicado á palabra.

O tema dado da nosa performance é "Palabra - Movemento", a idea básica, partindo de varios textos sobre metalinguaxe suministrados por Tayone, é "poñelos a andar” fora dunha proxección do Open Oficce mediante ferramentas de recoñecemento de voz, edición de audio en tempo real, graffiti dixital,etc. Os erros-caídas das palabras-bebé resultantes serán tamén a materia prima para o traballo de improvisación corporal co espazo de Lauren.

A nivel escénico, partindo dunha cartografía audiovisual previa do espacio de acción, misturaremos un escenario “virtual” con o escenario “real” ónde se desenrolará a performance.

JPEG - 126.9 KB
JPEG - 132.1 KB
JPEG - 136.9 KB
JPEG - 20 KB

6x6 Punto de encontro

Este proxecto consiste en 6 espectáculos (a palabra falada, a palabra movemento, a palabra sonora, a palabra imaxe, a palabre escrita e a palabra signo) representados por 18 creadores emerxentes das artes escénicas que teñen como eixo común O Verbum, a casa das palabras.

Estas intervencións visibilizaránse todos os Xoves a partires do 29 de outubro ata o vindeiro 3 de decembro incluído as20:30h no Verbum, a casa das palabras.

JPEG - 188.6 KB
JPEG - 117.7 KB
Enviar comentario
Comentarios
5 de novembro do 2009 08:05, por srpause

qué marabillosa mestura! madamme alédome de velo tan ben acompañado ou tan bon acompañante. Alí estarei, espero.

bicos

Categorías
nela que