We didnt start the fire
xoves, 24 de xaneiro do 2008, por Asintomatic.
categorías: Axenda

¡Coidado!, baixo a súa aparencia sutil, a súa estética hiperdiseñada e inofensiva, We didn´t start the fire a exposición do galeloPablo Pérez Sanmartín no espazo Off Limits, pode producir atragantamientos.

A exposición toma o seu título dunha soada canción popularizada por Billy Joel, na que se repasaban os feitos máis destacables do século XX nunha selección que mesturaba sen concesións ascensos e caídas de estrelas do espectáculo, con guerras, catástrofes naturais e todo tipo de acontecementos sociopolíticos. Un formato de fragmentación narrativa co que convivimos diariamente.

Seguindo esa poética do pastiche, We Didn´t start the fire presenta diferentes escenarios e situacións que remiten a elementos de tensión xeopolítica e patoloxías do individúo contemporáneo.

Plantillas recortables para compor as nosas propias escenografías ou que reproducen o móbil, a videoconsola ou o Ipod, os iconos contemporáneas por excelencia, e de paso fannos reflexionar sobre a falsa idea da interactividade e liberdade de elección que aparentemente transmiten. Elementos de "packaging" corporativo que perden a súa finalidade pola alteración dos seus contidos ou mensaxes. Ideas de tensión e inestabilidade plasmadas a través de xoguetes recortables, que cuestionan os diferentes valores que se transmiten ás veces a través do lúdico.

Enviar comentario
Categorías
Asintomatic