Web 2.0 by Evan Roth
sábado, 4 de outubro do 2008, por Asintomatic.


Web 2.0 - Initial Test Run @ Videotage, Hong Kong from fi5e on Vimeo.

Web 2.0 é o titulo da ultima instalación do artista americano Evan Roth
Esta instalacion consta de dous ordenadores conectados a Internet . Os dous equipos teñen instalados un plugin do navegador web FireFox e estan conectados entre eles por un mesmo teclado e ratón hackeados , o que permite que o visitante poida controlar ambos ordenadores ao mesmo tempo.

A única diferenza entre estas dúas terminais de Internet é a súa conexión a rede. Un ordenador está conectado á internet en Hong Kong ( que ten certas restricciones) ,mentres que o outro está conectado á Internet a través dun punto de conexión no continente Chines.
The Golden Shield Project é como se coñece na Republica Chinesa á censura que se manten na Internet e que actua a traves do bloqueo de direccións IP. Estímase que a policía de Internet en China son mais 30.000 persoas, que se encargan diariamente de bloquear contidos en rede tales como os referidos a independencia do Tíbet, a independencia de Taiwán, a brutalidad da policía, a Praza de Tiananmen de 1989, as protestas, a liberdade de expresión, a democracia ou a relixión entre outras.

O plugin de Fire Fox utilizado nesta instalacion pronto estará dispoñible na rede para poder descargarse. A diferenza de outras ferramentas que permiten que o pobo chinés poida navegar libremente na rede a través de conexións con outros ordenadores de fóra de China, este plugin permitira a todos os usuarios do mundo poder navegar polo interior da rede de continente chinés.

Web 2.0 by Evan Roth
Enviar comentario
Comentarios
4 de outubro do 2008 11:15, por isaac

Moi interesante a Instalación!.
Bicos Paola, espero que todo ben por ahí.
Isaac

Categorías
Asintomatic