WhisperBox (a 21st century folk song) é o título dunha instalación sonora composta de sete altavoces . O interesante desta proposta é que se realiza e expón no xogo de realidade virtual Second life. A instalación sonora esta realizada polo avatar Robbie Dingo que traballa sobre o audio experimental en Internet. O resultado sonoro é pobre, pero como acción e reflexión sobre a fronteira e os novos espacios de creación resulta interesante.
Second Life para o seu correcto funcionamento necesita de 4.000 servidores e conta cunha poboación censada de 2,573,932 de residentes que compaxinan a súa actividade física coa virtual.
vía: Neural.it