White glove tracking é un proxecto iniciado por Evan Roth (un dos membros do graffitti research group) e Ben Engebreth, co soporte do eyebeam e Rhizome.org.

Hai moito tempo, lin unha entrevista a Michael Jackson non recordo donde, na que explicaba porqué empregaba calcetíns brancos con pantalóns e zapatos negros. Michael decía que o facía por que así se podían ver mellor os movementos do seus pés, coa intención de acentuar o ritmo e dirixir a mirada da xente hacia os entrecortados movementos da súa especial forma de bailar. Este atentando contra o establecido como bo gusto vestindo, non estaba feito simplemente coa intención de probocar, senón que había unha intención que atravesaba o convencional, para levarnos ao mundo da acción, a performance, que estaba rexido por unhas leis propias. Era a primeira vez que escoitaba a alguén decir que empregaba a roupa con intencións musicais, e eses calcetíns brancos se quedaron gravados na memoria de moita xente.

Posiblemente estas sexan as mesmas razóns que levaron a Michael Jackson a empregar un guante branco nunha das súas mans, e a efectividade deste sinxelo xesto para separar o mundo do movemento do plano visual, engadindo capas ritmicas, serviu para que os do white glove tracking puideran extraer este guante e tratalo como un elemento independente. Deixando patente o gran acerto de Michael Jackson.

Máis info: White glove tracking

White glove tracking está desenvolto cos entornos processing e openframeworks.

Aquí tedes un video en processing feito por David Wicks donde se visualiza o movemento do guante branco:


White Glove Flocking from David Wicks on Vimeo.

Enviar comentario
Categorías
Berio Molina