JR é un fotográfo francés que se converteu nun dos referentes do street art mundial. Como di na súa páxina web, "JR é propietario da galería de arte máis grande do mundo. Expón libremente nas rúas do mundo, captando a atención das persoas que non son os visitantes do museo". As súas series de fotografías son retratos en grandes dimensións de xente que vive desde os suburbios de París, Palestina, India, Camboia, Kenia ou as favelas de Brasil. Moitos dos seus proxectos comezaron de forma ilegal para posteriormente ser recoñecidos e apoiados desde os concellos.
En 2006, realizou "Portrait of a generation", retratos de "malotes" dos suburbios que publicou, en grandes formatos , nos barrios burgueses de París. En 2007, xunto con Marco, fixo o proxecto Face 2 Face, a maior exposición de fotografías ilegais xamais realizada. JR enviou enormes retratos dos israelís e os palestinos fronte a fronte en oito cidades palestinas e israelís, e nos dous lados do valo de seguridade / muro de separación. En 2008, embarcouse para unha longa viaxe internacional para "Women", un proxecto no que destaca a dignidade das mulleres que a miúdo son vítimas dos conflitos.
En breve inaugúrase a súa derradeira exposición en París, para @ que teña a posibilidade de achegarse adxunto os datos.
28 Millimeters
WOMEN ARE HEROES
. JR .
3 de Octubre a 2 de Noviembre del 2009
Ile Saint-Louis and Pont Louis-Philippe
Pavillon de l’Arsenal (Nuit Blanche until October 23)
Paris – 4th arrondissement city hall (Nuit Blanche)
Para os que non podemos achergarnos a expo, sempre podemos recurrir a coñecer máis de súa obra no seu
Canal de vídeo en Daily Motion e na súa web persoal http://jr-art.net/
JR - EXTRAIT "WOMEN ARE HEROES", Kibera, Kenya
Uploaded by JR