Os afeccionados e practicantes da improvisación en verso teñen esta ponte unha cita en Vigo. O Centro Cultural de Valadares organiza o XII Certame Internacional de Regueifas que este ano se celebra no Auditorio do Pedregal e no Verbum. O programa, ademais de actuacións, inclúe un completo obradoiro de iniciación de tres xornadas de balde.

Este obradoiro de iniciación á regueifa, que se impartirá no Museo Verbum terá como mestres a figuras da improvisación oral como Raúl Herrera, repentista cubano, e Wilson Salywonzyk, payador arxentino, Leo de Matamá, Pinto d’Hebrón, Bieito Lobariñas e Luís ’O Caruncho’.

Para os iniciados a organización tamén ofrece un obradoiro adicado á ’Literatura e Música Retranqueira’ e outro centrado nos ’Novos valores da Regueifa’.
Ademais deste obradoiro, o certame inclúe actuacións no Auditorio do Pedregal o domingo 11 e o luns 12 a partir das 19h00.

As persoas interesadas en participar nestes obradoiros deberán apuntarse antes do día 9 de outuvoro chamando ao Centro Cultural de Valadares (986 46 70 52), ao Museo Verbum (986 240130) ou vía correo electrónico cvvallada@cvt.es

via

Consultar programa nos seguintes jpeg.

JPEG - 443.1 KB
JPEG - 630.5 KB
Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal