NORMAL acolle o 25, 26 e 27 de abril as sesións de encontro e debate do XLIX Congreso Nacional de Filosofía Xoven: Filosofía e sentidos.
Organizado por Universidade Invisíbel, o XLIX Congreso de Filosofía Xoven xira en torno á relación da filosofía cos sentidos; dende a arte e a estética como sentido, ás sensacións que de feito teñen lugar nas experiencias científicas ou políticas. Céntrase nas zonas de transición e intercambio entre disciplinas, así como no doble vínculo: a arte fainos sentir, pero sentindo coñecemos doutro modo, xeramos outra política, outra vida, outro espazo público ou común. Introduce unha liña transversal en torno á cuestión da tecnoloxía e a realidade virtual dende o punto de vista da Historia da Filosofía.
Mércores 25 de abril
09:00-10:00h: Asemblea inaugural e entrega de materiais.
10:00-12:00h: PANEL 2 Percepción e sentidos na Historia da Filosofía.
O fantasma e o acontecemento imposible. Entre Slavoj Zizek e Jacques Derrida, Abraham Rubín, Proxecto Derriba.
A apoteose do simulacro en Deleuze, Víctor Páramo, Universidade de Valencia.
Debate
12:00-14:00h: PANEL 4 Experiencia, ciencia e sentidos.
Que son as imaxes, que significa ver?, Carlos Areán.
Dous modelos de ciencia (e de maxia): Weber e Goody, Eduardo Zazo.
Debate
14:00-16:00h: Xantar.
16:00-18:30h: PANEL 3 Biopolítica e novas formas de relación política.
O afora como horizonte subversivo. A posibilidade onto-ética (segundo Gilles Deleuze), Rebeca Baceiredo.
PANEL 1 Arte e Filosofía.
Diferentes silencios, diferentes tempos (falar de música e escoita con John Cage e Luigi Nono), Susana Jiménez Carmona, UNED.
Emil Cioran: entre o silencio e a música, Irmina Majchrzak, Universidade de Sevilla.
Debate
18:30-20:00h:
Filosofía, sentidos e modificación da conciencia, José Luis Vila Leirós.
A experiencia bioética como mediación de novos sentidos na relación humano-tecnolóxica, María Izaskun Petralanda Jauregui, Universidade Central de Venezuela.
Debate
Peche
Xoves 26 de abril
09:30-10:00h: Asemblea organizativa da xornada.
10:00-12:00h: PANEL 3 Biopolítica e novas formas de relación política.
O xurdimento da ética animal: máis aló do antropocentrismo e do ecoloxismo, Óscar Horta, Universidade de Santiago de Compostela.
As fronteiras da consideración moral: oposicións entre ambientalismo e ética animal, Cátia Faria, Universitade Pompeu Fabra.
Debate
12:00-14:00h: PANEL 4 Experiencia, ciencia e sentidos.
Laboratorio de Esquizoanálisis Man Hauser, Teatro RESOANTE.
A creación na era postdixital, Marta Álvarez Guillén.
Debate
14:00-16:00h: Xantar.
16:00-18:30h: PANEL 1 Arte e Filosofía.
Transgresión e “arte republicano” en William Blake: a humanización do sublime, F. Gimeno, Profesor de Filosofía de Secundaria.
PANEL 3 Biopolítica e novas formas de relación política.
“Pensar co corazón”: Paz, Igualdade e Xustiza ecolóxica no pensamento de Petra Kelly, Angélica Velasco Sesma.
Ambivalentes: o rexime da impuganción, Miguel Ángel Martínez Quintanar e Luís García Soto.
Debate
18:30-20:00h: PANEL 2 Percepción e sentidos na Historia da Filosofía.
Percepción e cambio en Henri Bergson, Jorge López Sarry Álvarez, Universidade Santiago de Compostela.
Algúns problemas da categoría “muller” dentro da teoría feminista, Ana Isabel Dapena Sieiro, Universidade Santiago de Compostela.
Debate
Peche
Venres 27 de abril
09:30-10:00h: Asemblea organizativa da xornada.
10:00-12:00h: PANEL 3 Biopolítica e novas formas de relación política.
Os autómatas mecánicos e a política da sociedade, Antón Fernández de Rota Irimia, de Zoopolitik.
O principio da publicación II, Ramón Palao Gómez.
Debate
12:00-14:00h: PANEL 3 Biopolítica e novas formas de relación política.
Do bíos ao oikos: natureza, traballo e dó nos desprazamentos da(s) política(s) contemporáneas, Beatriz Hauser, Proxecto Derriba.
A fame, Colectivo Guindilla Bunda Proyect.
Debate
14:00-16:00h: Xantar.
16:00-17:30h: PANEL 1 Arte e Filosofía.
Filosofía da arte rupestre prehistórica da Península Ibérica, José Fernández Quintano, Universidade de Barcelona.
O impacto estético-social nas vangardas históricas, Sara Eugenia Ferreño Pérez, Estudante de Filosofía.
Debate
17:30-19:00h: Asemblea e conclusións.