A ordenación do territorio. Os espazos naturais e o patrimonio, é o título desta terceira sesión.
Intervirán:

Adela Figueroa Panisse, presidenta da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Catedrática en Bioloxía e Xeoloxía. Falará sobre o concepto e valor da biodiversidade e da paisaxe. A necesidade da protección ambiental en xeral e en Galiza en particular.

Fernando Lahuerta Mouriño, Biológo e director da sección de medio Ambiente do Instituto de Estudos Miñoranos. Repasará a situación dos espazos naturais do Val Miñor.

Xabier Groba González, Vogal doClube Espeleolóxico Mauxo. Falará sobre o proxecto de campo de golf en Chandebrito e as súas consecuencias.

Xosé Lois Vilar Pedreira, Licenciado en Xeografía e Historia, director da sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Instituto de Estudos Miñoranos. Unha ollada ao patrimonio, sobre todo moble, no Val Miñor, sen esquecer unha cita do patrimonio intanxible facendo unha análise da importancia no plano miñorano galego e universal.

Dado o enorme interese desta temática, as entidades organizadoras animan á veciñanza de Nigrán a acudir a escoitar esta charla e a participar activamente no coloquio que a continuación se realizará cos conferenciantes.


É esta a terceira sesión destas Xornadas de Urbanismo de Nigrán que se veñen desenrolando con gran éxito de contidos e de participación.

SÁBADO 17 ÁS 19,00
COLEXIO H. JUANES (VILAMEÁN)

Enviar comentario
Categorías
Antía