Neste exemplar atoparedes entrevistas sobre humor gráfico da man deLuis Davila, un buenense que xa leva tempo traballando no Faro de Vigo e que acaba de estar nas xornadas de comic de Cangas. De música temos a The Blows un grupo vigués que está a rachar en todos os festiváis, e o festival do norte, a crónica do evento. Na presentación grafitti temos a mr. mono para flipa-lo en cores. Chourizo films é de Cambados e o cine máis underground da comarca. E Juan Carballo de novo de xira cun novo poemario. E Hugo Covelo, integrante de polaqia, enviounos un comic para a nosa
sección habitual.
– Todo isto, e moito máis en Despregable dende O Salnés para o mundo.
– A Embaixada Prusiana somos unha asociación cultural adicada á promoción, difusión e producción de eventos protagonizados por artistas, músicos e creadores autóctonos en xeral.
– Consideramos que as institucións non prestan a atención axeitada, por iso pretendemos ser unha ponte entre eles e o público disposto a coñecer... e o Fanzine Despregable é o noso Boletín Cultural, que cada dous meses vos achega toda a información e opinións que cremos que deben coñecerse, ademáis do material adiconal para os nosos socios cando temos ocasión.
Se queres recibi-lo fanzine e colaborar con nós ó mesmo tempo, só tes que asociarte á Embaixada Prusiana...
– VIA>>Embaixada prusiana