Xe e Earlabs. O netlabel alg-a nos medios
luns, 21 de xaneiro do 2008, por Berio Molina.

Dúas novas relacionadas co netlabel alg-a, por un lado a selección de dous discos publicados no noso netlabel, como mellores discos do ano por un dos colaboradores de earlabs, e por outro lado unha reportaxe que lle firexon a Xe (Xesús Valle), no País.

Como xa sabedes, earlabs é unha páxina web de contido internacional, donde moitos netlabels distribúen as súas publicacións, e que conta cun importante número de colaboradores que exercen como críticos desta escea, entre os que destacan Christopher McFall, Brian Lavelle, David Velez (dos selos Insubordinations e edogm) e Sven Swift(de 12rec e Thirteen songs). Outro dos seus importantes editores é Jos Smolders, dende holanda, que ten publicado traballos como músico en netlabels como Korm Plastics, Staalplaat, Stichting Mixer e Con-v.
Todos os anos earlabs publica unha lista por editor ou colaborador cos mellores discos do ano da escea netlabel, e Jos Smolders seleccionou a dous de alg-a, entre os 7 mellores discos publicados no ano, o cal nos enche de orgullo. Estes son:

Alg027 - Formatt - Onontgonnen

Alg022 - Arturas Bumsteinas - Glockenspiel

Por certo, os dous traballos con portadas deseñadas por Antía Sánchez

Neste traballo de difusión e relación internacional do netlabel, tivo unha grande importancia Xesús Valle, a quen lle queremos agradecer a súa labor, e a quen lle acaban de facer recentemente unha reportaxe no País, sobre o seu traballo como moldeador de sons, a raíz do último disco publicado en alg-a:

Alg037 - Xe - aliaXe

Podedes ver esta reportaxe aquí.

Ou baixala dende alg-a:

Zip - 55.1 KB

En breve publicaremos unha importante noticia en relación co netlabel alg-a, de momento non podemos facelo público. Permanecede atentos!.

Moitas gracias a todos, e enhoraboa!.

Enviar comentario