Xe (proxecto que disolve os anteriores plumbandplumber e uveaele) vén de publicar no netlabel alg-a o seu novo traballo aliaXe.

alg037 - aliaXe - Xe

Un total de dez accións percusivas con elementos dunha batería (caixa, charles, timbáis), e coa axuda de diversos obxectos (de forma non ortodoxa e en baixa calidade).
Mesturar, transformar e descontextualizar os sons resultantes das accións, con procesos electroacústicos e dixitais.
Improvisacións realizadas por el mesmo e polo percusionista Emilio Atanes, rexistrando diferentes acústicas dos locais de ensaio, onde a Batería vén ser o eixo conceptual do álbum.

Un total de dez micro-composicións deseñadas tanto para a escoita con auriculares coma para levalos de ton no móbil.

Enviar comentario