Xesús Valle, Durán Vázquez e @c en RadiaLx2008
luns, 22 de setembro do 2008, por Berio Molina.
categorías: Festivais, Net audio

Tres artistas do noso netlabel, Durán Vázquez, Xesús Valle e @c, foron seleccionados para o Festival Internacional de Arte Rádio RadiaLx2008 que está tendo lugar estes dias (do 20 ao 28 de setembro) en Lisboa.

Cabe destacar que Durán Vázquez e Xesús Valle son os únicos representantes galegos neste evento, o cal nos enche dun inmenso orgullo.

O traballo de Durán Vázquez xa foi emitido o pasado domingo, aínda que volverá á carga o venres ás 2 da mañá. Este xoves será o turno de Xesús Valle ás 3 da mañá.

Para consultar toda a programación que será transmitida pola radio podedes ir á seguinte ligazón.

E para escoitar o festival por streaming, podedes ir ao seguinte enderezo

Xesús Valle, Durán Vázquez e @c en RadiaLx2008
Enviar comentario
Comentarios
23 de setembro do 2008 07:09

Parabens rapaces! Seguide dándolle!
Saúdos, Antía.

Categorías
Berio Molina