Xesús Valle no Mandorla Netlabel
luns, 12 de xaneiro do 2009, por Berio Molina.
categorías: Net audio

Xesús Valle forma parte do recopilatorio do netlabel Mandorla co tema Autumn.

O netlabel Mandorla está ubicado en México DF e acaba de publicar este recopilatorio que está composto por unha triple release que fan as referencias 14, 15 e 16 do netlabel.
O traballo de Xesús atópase na referencia 15.

Info promocional do netlabel sobre a triple publicación:
A primeira parte, Mandorla Netlabel 14, é unha viaxe poética adentrándose nos seguintes estilos: Acoustic / Digi, Acoustic / Neo-classical / Bucolic / Acoustic ambient music.
A segunda parte, Mandorla Netlabel 15, está centrado nas paisaxes sonoras, grabacións de campo, electroacústica e drones.
A terceira parte, Mandorla Netlabel 16, está dedicada á libre imporvisación e á música experimental.

Xesús Valle no Mandorla Netlabel
Enviar comentario
Categorías
Berio Molina