DATAS
29, 30 e 31 de xaneiro; 1 e 2 de febreiro de 2007

DIRECCIÓN
Javier Tudela
Profesor da Facultade de Belas Artes de
Pontevedra, Universidade de Vigo

DURACIÓN
20 horas (conferencias, debates e
proxección de material audiovisual)

ORGANIZACIÓN
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de
Vigo,
en colaboración coa Universidade de Vigo

CONTIDOS E ESTRUTURA
Un dos aspectos máis recentes e complexos da arte contemporánea
ten que ver coas interaccións entre a arte e o espazo público, con
proxectos que perden parte do seu carácter elitista pola súa proximidade
e a inmediatez, pola aparente dispoñibilidade coa que se
sitúan á intemperie, indiscriminadamente, ante o público. A través
de conferencias e debates, estas xornadas analizan varios proxectos
de Arte Pública xurdidos nos últimos anos que revisan os supostos
de permanencia e monumentalidade da obra pública e que se instalan
na ‘provisionalidade’ da nosa paisaxe cotiá. Proxectos efémeros
que teñen estendido a idea mesma de espazo público mesmo cara a
territorios ‘virtuais’ e que suxiren moitas cuestións e posibilidades
de abordar criticamente a arte e o contexto que a desencadea.

DESTINATARIOS
Se ben o curso/seminario está aberto ao público en xeral, teñen
preferencia na inscrición os estudantes universitarios das Facultades
de Belas Artes, Xeografía e Historia, Filosofía, Humanidades, e disciplinas
afíns.

PREZO
10€ para estudantes (previa acreditación)
20€ para público en xeral (desconto do 20% para membros da
Agrupación de Amigos do MARCO)

DIPLOMA E CRÉDITOS
Á fin das xornadas entregarase un diploma de asistencia.
[Nota: está en trámite a posibilidade de obtención de 1 crédito de libre
configuración pola asistencia ao curso, para os estudantes das Facultades
de Belas Artes e de Xeografía e Historia, da Universidade de Vigo]

Enviar comentario
Comentarios
24 de xaneiro do 2007 01:45, por Taburete

Menos mal que estades vos pra informar destas cousas...

Categorías
Isaac Cordal