Do 10 ao 21 de Xuño, os nosos veciños da Coruña organizan duas semanas de actividades no espazo experimental CASA DAS ATOCHAS/CSA
Alg-a nesta ocasión non pode colaborar con eles pero desexamos dende aqui que saia todo do millor ... e animámosvos a participar nestas
Que é cultura libre? que significa a palabra liberdade cando a vemos asociada á produción cultural? que é o software libre? que é un hacker? e un hacklab? que é copyleft? como funcionan as licencias? que experiéncias conhecemos que actualmente ultilicen estas licencias e estas formas de produción?
Manual de copyleft aquí
Martes 10 - 20:00 > 22:00 Iniciación a GNU/Linux. Primeira parte do
obradoiro de inciación ao sistema GNU/Linux, instalación de Ubuntu.
Desenvolvido polo Hacktreu (CSA Atreu)
Mércores 11 - 20:00 > 22:00 Permanecer en GNU/Linux. Segunda parte do obradoiro de inciación ao sistema GNU/Linux,nocións básicas para manexar o sistema. Desenvolvido polo Hacktreu (CSA Atreu)
Xoves 12 - 21:00 Blogaliza, a información alternativa Palestra ofrecida por Pedro Silva, creador de blogaliza.org, portal de blogues en galego.
Luns 16 - 19:00 > 22:00 Programación web. Inciación ás linguaxes
Html e Css, obradoiro a cargo de Trebelab (A Cova dos
ratos, Vigo)
Martes 17 - 19:00 >21:00 Deseño con ferramentas libres: Inkscape. Primeira parte do obradoiro, manexo do programa de deseño vectorial inkscape, exercicio práctico contrapublicitario. Desenvolvido polo
Hacktreu (CSA Atreu)
Mércores 18 - 19:00 > 21:00 Deseño con ferramentas libres: Gimp. Segunda parte do obradoiro, manexo do programa de retoque fotográfico Gimp, exercicio práctico contrapublicitario II. Desenvolvido polo Hacktreu (CSA Atreu)
Sábado 21 - 12:00 > 14:00 - 16:00 > 20:00 Obradoiro de Cinelerra. Software libre de edición e posprodución de video, introdución teórica máis módulo práctico. Desenvolvido por Olholivre.
Venres 13 - 21:00. Virtual WWWorlds. Servidumes e liberacións na era dixital. Palestra ofrecida por Rosendo González. Revista Transversal.
Sábado 14 - 12:00 > 14:00 - 16:00 > 19:00 Montando unha radio
libre. Obradoiro práctico para a montaxe dunha radio libre, a cargo da
Radio Kalimera (Compostela)
19:00 > 22:00. Contrapublicidade. unha
aproximación teórica, proxección de material contrapublicitario, a cargo de Semsumistas (Vigo)
Martes 17 - 21:00. Software libre para unha socidade libre. Palestra
a cargo de Roberto Brenlla, integrante de AGNIX (asociación sen fins de lucro que promove o Software libre)
Mércores 18 - 21:00. Presentación do proxecto editorial Estaleiro. Organización editorial galega, autoxestionada, asemblearia e sen ánimo de lucro. Edita baixo licenza
Creative Commons.
Xoves 19 - 21:00. Presentación do Cineclube Compostela.
Venres 20 - 20:00. Presentación do komando-antisgae. Comando Anti-SGAE / Acción: cultura libre (Galiza)
21:00 A información que Sgae omite e censura Palestra a cargo de Ana Mª, integrante da Asesoria eXgae
Sábado 21 - 20:30. Presentación de GzVideos
21:00. Presentación de Olholivre :: estreas + festa despedida ::
Sesións de Djs + ceador vegano
::venres 13> dj hash&carlitos selector ::
sábado 14> dj LS_O ::
:: venres 20> dj Fake :: sábado 21>
BreakThatBeat DubstepSpecial ::
"Cozinha Quente" MC