Xornadas de Arquitectura Colectiva
domingo, 23 de setembro do 2007, por vane.

Eutopia 2007. Cordoba. Do 17 ao 21 de Setembro.
O taller dirixido polo artista e arquitecto Santiago Cirugeda, convida a colectivos artísticos, asociacións culturais e veciñais, asembleas e axentes sociais, e propicia o intercambio de experiencias diversas que comparten a actitude propositiva e as adversidades reais coas que se atopan os proxectos.


Vane e Chiu, peresentando o proxecto do Laboratorio Alg-a. Córdoba.

Un dos temas arquitectónicos que se tratou foi o proxecto en rede, que se inicia en Marzo a partir dun mailing de Cirugeda a distintos colectivos sobre a cesión de módulos prefabricados dun asentamento provisional en Zaragoza que foi reubicado en vivendas de protección oficial, e a posibilidade de reutilizalos como sede e espacio de traballo físico.

O habitar, a acción social, a arquitectura virtual, o software libre, o activismo mediatico, os usos temporais de espacios, a multidisciplinariedade artística, o diseño experimental, a educación solidaria, os centros sociais, a precariedade, a autoxestión ou a ecoloxí­a foron algúns dos eixes en torno os cales xirou este encontro intensivo.

Os convidados que fixeron as súas presentacións o longo da semana foron:
A Cooperativa CIT-Arte (Endanza+41010) e Recetas Urbanas de Sevilla.
A Asociación de Veciños do Cerrillo (Badajoz).
O Colectivo Alg-a (Pontevedra).
A Asociación Proyecta (Castellón).
Straddle3 (Barcelona).
La Fundició (Espluges).
A Asociación Agoras.arq.Celula0 (Valladolid).
La Prospe, Patio Maravillas, V de vivenda (Madrid).
Poliposeidas, Barbiana e a Coordinadora de colectivos sociais (Córdoba).


Trincheras

Visionouse o documental ¡Mezquita no! e fí­xose unha viaxe a Aula Abierta (Granada) e Trincheras (Málaga) que nos contaron o seu proxecto de autoconstrucción nos seus respectivos espacios.


Aula abierta

Enviar comentario
Comentarios
24 de setembro do 2007 05:04, por vane

Disculpade os signos e números que se me colaron ó enviar a nova, dobres linguaxes da informatica. A asociación de Valladolid chamase Agoras.arq.Celula0 e o documental titulase ¡Mezquita no! .

24 de setembro do 2007 06:15, por berio

Ola Vane, xa correxin os nomes.

Que boa pinta tivo o encontro, non?

un saudo.

25 de setembro do 2007 01:32, por madamme cell

ei vane, saúdos da tropa dende San Simón, xa estivemos o tanto da túa viaxe, pero podías contarnos un pouco máis non?, non nos deixedes así....bueno bicos abondosos tamén para o chiu, chauuu