Xornadas de Cultura Libre
domingo, 20 de setembro do 2009, por nela que.

Estanse desenrolando en Vigo unhas Xornadas de Cultura Libre organizadas por Xogo Descuberto, Olholivre e Trebelab, nas que participarán diferentes colectivos e grupos da nosa geografía, coa finalidade de consolidar unha escea cultural que sexa realmente libre en Galicia.

¨...Tal vez o fin principal das xornadas non sexa outro que potenciar a cultura livre e aprender os uns dos outros. Pero non é o unico. Tal vez, tamen, crear unha rede de persoas, colectivos, radios livres e centros sociais que aposten pola cultura ao marxe de ningunha intencion mercantilista nin lucrativa. Livre e non prohibitiva, accesible. Cun caracter aberto e critico. Constructiva e reinvindicativa... Unha rede consecuente coa luita de quenes creemos na accesibilidade ás ferramentas que creamos as persoas para mellorar e avanzar cara un mundo máis xusto... Unha rede comprometida na defensa da libre creación e, polo tanto, coa libre expresión...¨

Xuntanzas, encontros, actuacións, concertos, exposicións, palestras, talleres, presentacións, proxecións e moito máis, son algunhas das actividades que fan realidade estas xornadas que comezaron o Venres 18 de Setembro e que chegarán con todo tipo de propostas culturais ata Decembro.

Este venres 25 de Setembro na Cova do Ratos (Rúa romil 3, baixo)
vaise proxectar posiblemente as nove da noite, unha comedia de ciencia ficción (lo-fi sci-fi), Infest Wisely.http://www.infestwisely.com.

¨...Tal vez o fin principal das xornadas non sexa outro que potenciar a cultura livre e aprender os uns dos outros. Pero non é o unico. Tal vez, tamen, crear unha rede de persoas, colectivos, radios livres e centros sociais que aposten pola cultura ao marxe de ningunha intencion mercantilista nin lucrativa. Livre e non prohibitiva, accesible. Cun caracter aberto e critico. Constructiva e reinvindicativa... Unha rede consecuente coa luita de quenes creemos na accesibilidade ás ferramentas que creamos as persoas para mellorar e avanzar cara un mundo máis xusto... Unha rede comprometida na defensa da libre creación e, polo tanto, coa libre expresión...¨

Creouse tamén unha web para dar a coñecer tódalas películas e curtametraxes libres que cheguen os nosos oidos pelisparatodas.

A motivación non é ser legal...tratase de amosar unhas alternativas reais, as que os creadores poden unirse, en pro da libre circulación das súas creacions...a cultura, pasou de ser algo popular e de todxs a ter dereitos de autor. Bombardeannos incesantemente cos séus productos, e logo querennos facer pasar pola caixa repetidamente...

¨Creade cultura, potenciala e difundila...¨

Mais info en www.culturalibre.arkipelagos.net

Enviar comentario
Categorías
nela que