Xornadas de Urbanismo Nigrán/2007
xoves, 1 de marzo do 2007, por Antía .
categorías: Acción Social

Este sábado 3, ás 19,00 horas,inaugúranse as Xornadas de Urbanismo Nigrán/2007.
Celebraranse no Colexio Público H. Juanes de Vilameán (xunto á Casa do Concello) todos os sábados do mes de marzo ás 19:00h, ademais dunha charla o xoves 22 ás 20:00h co arquitecto Pedro de Llano.
Unha idea nacida naqueles días quentes da primavera pasada, que agora se converte en realidade, organizada por dúas Asociacións de Veciños de Nigrán e cinco colectivos integrados na Plataforma Salvemos Monteferro.
A xornada inaugural estará dedicada a analizar a situación de
"Nigrán no Val Miñor e nas perspectivas económicas da área metropolitana de Vigo"
Tema que será desenrolado polo profesor Xosé M. Souto González , abríndose posteriormente un coloquio.


AGARDAMOS A TÚA PRESENCIA E PARTICIPACIÓN


Máis información en www.salvemosmonteferro.org
www.valminor.info e http://pxom.wordpress.com/

ORGANIZAN E PATROCINAN: Asociación de Veciñ@s "A irmandade" de Priegue, Asociación de Veciñ@s "Dunas" de Nigrán, Clube Espeleolóxico O Maúxo, Instituto de Estudios Miñoranos, Nunca Máis Val Miñor, Salvemos Monteferro e Valminor.info

Enviar comentario
Categorías
Antía