Zan Hoffman xira galega!!!
sábado, 10 de outubro do 2009, por Alejandro Durán.

Zan Hoffman (Bodycocktail, Zanstones)

16/10 Bodycocktail + Rasmus Adaticilos

Manchita Cosa (Magdalena 138, Ferrol) 22 h 2€

17/10 Bodycocktail + Franc3s+ The

Casa das Atochas (Rúa Atocha Alta 14, A Coruña) 20:30 h 4€

18/10 Bodycocktail + Telephones Rouges + Zanstones + Joaquín Lana +
Mathrem + Carlos Villena

Pub Norfolk (Rúa Pelamios 14, Campus Norte detrás de Económicas) Santiago 21h 3€

19/10 Zanstones

Vagalume (Rúa Nóreas 5, Lugo) 20:00 h

20/10 Zanstones

Cova dos Ratos (Rúa Romil 3, Vigo) 22:00 h

Zan Hoffman (Lousville /Kentucky) é un músico e artista visual norteamericano que iniciou nos 80 a súa andaina. Dende entón editou unha innumerable cantidade de material tanto en solitario como en colaboración con outros artistas. Realizou actuacións en Estados Unidos, Dinamarca, Belxica, Holanda ... e en importantes festivais de música experimental como o MEM, Observatori, LEM...

Comenzou a súa carreira a principios dos 80 participando activamente nas redes de intercambio de cintas de cassette entre os artistas experimentais que xurdían por aquela época. Colaborou con artistas da talla de Francisco López, Maurizio Bianchi, Zoviet France, Aidan Baker, Anla Courtis, Rafael Flores(Comando Bruno) ... Na actualidade Zan é considerado unha das figuras relevantes daqueles primeiros anos da música experimental e segue expandiendo a súa rede de colaboradores por medio das relacións a través de internet.

O número de referencias editadas por Zan Hoffman, contando con todos os seus diferentes proxectos, superou xa a referencia número 1000.

Bodycocktail

Proxecto definido polo propio Zan como "proto new wave bent out of shape"... Zan preséntase coma un excéntrico crooner de voz profunda acompañado de bases eléctronicas e instrumentos tan dispares como flauta melódica, armónica ou roll-up piano.

http://www.youtube.com/watch?v=Zb2yBUXXk5k
http://www.youtube.com/watch?v=t4gT9BYxaVg
http://www.youtube.com/watch?v=ZdVOp9Xl6rM

Zanstones

Proxecto de experimentación sonora iniciado a comezos dos 80. Nas súos shows coma ZANSTONES utiliza grabacions de campo das cidades que visita, tomadas xeralmente o mesmo día da actuación, compoñendo con elas un directo único e irrepetible no que as paisaxes sonoras se entremezclan con voces e instrumentos.

http://www.youtube.com/watch?v=X3w9jCDE4q0

http://www.myspace.com/zanhoffmanlive

.