Zoco Mak
venres, 23 de xuño do 2006, por Isaac Cordal.
categorías: Axenda

O próximo sábado 24 de xuño, de 17.00 a 21.00, o Centro Sociocultural A Trisca presenta, no marco da súa III Semana Cultural, a terceira edición do ZOCO. Este ano baixo o título: «ZOCO MAK mostra de máquinas e persoas creativas».

Concebido coma un espacio para a mostra de diferentes formas de expresión cultural e cunha posta en escena propia dun mercado, en 2004 abordou o tema da interculturalidade e en 2005 a cultura de baile. Esta edición está adicada ao binomio «máquina/persoa».

A proposta maquineira do ZOCO Mak está composta de: ruído dixital por VX (demostración del software SuperCollider: GUI´s, control HID-MIDI, Open Sound Control, procesado de audio en tempo real, sintese e filtros, emulación de hardware, procesos aleatorios, xeradores de ruído...), fotografía e internet por José Pereira [ http://www.jpereira.net ], cociña por Sandra Freire, pandeireta por Raquel Ayaso, soportes de son por Iago Portela, e ilustración e animación por Arteaga. De procesos, non tanto de obras finais, é do que se fala no ZOCO Mak. Máis aló dun producto final concreto, o noso interese consiste en dar a coñecer os procesos de aprendizaxe, relación e investigación que os desencadean. Así mesmo invitase ao público asistente a que traia, amose e comparta durante o ZOCO Mak as súas máquinas.

Enviar comentario
Comentarios
23 de xuño do 2006 00:05, por berio

¿Que vai ser en Santiago, non?

Categorías
Isaac Cordal