_blank publica un novo traballo no netlabel alg-a
sábado, 13 de setembro do 2008, por Berio Molina.

_blank vén de publicar un novo traballo no netlabel alg-a que leva por título EXT [procura interna]

alg043 - _blank - EXT Procura Interna

Un traballo donde soa unha máquina creada con supostos fins terapeuticos, coa intención de modificar as ondas cerebrais para aliviar o estrés e como medio de relaxacion, que foi retirada do mercado por orde xudicial por non cumprir cos trámites necesarios para realizar tal actividade sanitaria.

_blank vén traballando o audio así como a arte, a cultura, a tecnología, e o audiovisual tanto dende as súas creacións que podedes vér na súa páxina, como na comunicación como podedes comprobar nos seus múltiples blogs. Asimesmo _blank é a nova incorporación ao equipo de redacción de mediateletipos.

.