a casilla da infamia
domingo, 1 de xullo do 2007, por Sr pause.
categorías: Bens Públicos

hoxe foi un domingo administrativo: tocaba facer (no derradeiro minuto, coma sempre) a fastidiosa Declaración da Renda.
Por fin, cando xa teño todo cuberto, premo o botón de impresión... e alucino.

unha xaneliña flotante aparece na pantalla, con esta mensaxe:

"No ha marcado la casilla correspondiente a la ASIGNACIÓN TRIBUTARIA A LA IGLESIA CATÓLICA y/o ASIGNACIÓN DE CANTIDADES A OTROS FINES SOCIALES. "

Non dou creto. Ésta é a única advertencia que ós señores da administración pública lles interesa suliñar antes de imprimir a declaración definitiva. Non que revises se che falta algunha casilla por encher, ou que repases os datos (pois ó mellor sáeche máis a devolver), non... senón que lembres de alimentar ós Pais da Igrexa, e da Católica irremediablemente, pois non aparece ningunha outra igrexa coma opción posible.

Calceime as aletas dixitais de mergullador e boteime á internet. Ata este ano 2007 o goberno español completaba automáticamente os orzamentos da igrexa católica a través das arcas públicas. A partires do 07 a sensatez agromou un chisco á superficie, e aboliuse este "imposto relixiosinario" automático...a cambio de subir dun 0’5 a un 0’7 % a aportación voluntaria que se pode riscar na declaración!

¿quén dixo aconfesional?

para +info-alucine:

Conferencia Episcopal

artigo no el Pais

Enviar comentario
Comentarios
1 de xullo do 2007 10:19

bienvenido al mundo!

6 de xullo do 2007 11:55

PFFFFF
QUE NOTICION

Categorías
Sr pause