a milpa e o paliacate
xoves, 10 de setembro do 2009, por Tasha.

O querido e coñecido Manolo Pipas presentará o seu segundo libro de poesía esta sábado 12 as 21:30 na Cova dos Ratos, Rúa Romil, Vigo.

Activista que colabore con numerosos colectivos, o seu xeito de involucrarse leva aos vencellos con A Cova dos Ratos, A Ría Non Se Vende, ao seu arresto en Massó, etc, etc.

Forma parte da Fuga em Rede, colectivo galego de acçom global.

Xa ten un libro de poesía publicada, Viaxe ao país das nubes (2006): líricas que tamén nacen das súas experiencias en Oaxaca. Nesta segunda ocasión a poesía acompáñase con debuxos de Eva Castro.

Este sábado agárdese unha experiencia creativa e de revindicación, ¡non a perdedes!

A Fuga em Rede

Enviar comentario
Categorías
Tasha