a pobreza é a forma máis absoluta de contaminación?
martes, 24 de xullo do 2007, por nela que.
categorías: Acción Social

Unha nova ferramenta de participación social dirixida exclusivamente ó Simposio Internacional sobre Pobreza e Desigualdade no Mundo, “POBRE MUNDO RICO”, comeza a súa andaina denxe hoxe na rede: www.pobremundorico.org, unha plataforma de expresión máis aberta á comunidade internacional de fala hispana e lusófona. Un blog co que se pretende non só contribuir á difusión deste evento, senón tamén promover a implicación social a través das opinións, propostas e demais achegas que dende calquera país do mundo se queira facer.

O Simposio Internacional “Pobre Mundo Rico” está tendo unha especial acollida e repercusión non só en Galicia e nas distintas Comunidades Autónomas españolas, senón tamén, e fundamentalmente, en América Latina, en países como Brasil, Arxentina, Nicaragua, Bolivia… De aí que o Club Internacional de Prensa –da Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia- tomase esta iniciativa de cara a poñer en mans tanto das organizacións, entidades, asociacións…, como das persoas a título individual, este instrumento participativo e útil para a comunidade internacional.

Chamar á participación e á expresión a través deste blog, é para o C.I.P. obxectivo importante e complementario da propia celebración do Simposio, toda vez que se pode enriquecer non só con opinións, senón tamén con suxerencias de toda aquela persoa cuxa sensibilidade social a leve a querer formar parte deste proxecto internacional que pon de manifesto o desequilibrio económico, social e cultural que viven os distintos países e pobos do mundo.
Todo o mundo debo ser perfectamente conscientes do feito de que a batalla contra a pobreza é unha empresa esixente: é a batalla da nosa época. A pobreza abertamente trae como resultado un sen número de factores incidentes nesta, xa que afunden sixilosamente ás nacións que padecen dela. Para as nacións desenvolvidas os resultados da pobreza son máis difíciles de combater que os mesmos factores que a provocan.

O que fundamenta a realización dun Simposio como o anunciado, é abordar o maior número de elementos que están directa e indirectamente relacionados coa pobreza e coa desigualdade no mundo:

* Os países pobres, ¿nacen ou fanse?
* Os factores que determinan o empobrecemento dos países. Hai culpables?
* O papel das ONGs: parche ou solución?
* Riqueza, pobreza e ecoloxía
* Influencia do cambio climático no empobrecemento. Alternativas.
* A sanidade nos países pobres, cuestión de xenéricos?
* A educación nos países pobres: un deber, por dereito
* Crise global, alternativas locais
* A banca dos ricos, a banca dos pobres
* As guerras e conflitos: fábricas de pobreza
* A pobreza e a desigualdade no mundo no tratamento da prensa escrita
* Pobreza e desigualdade na comunicación audiovisual
* O consumo nos países ricos: a irracional racionalidade
* A fuga da industria dos países ricos aos pobres: producir baixo custo
* Transnacionais enerxéticas: desenvolvemento ou destrución
* Globalización manipulada: pobreza globalizada, riqueza localizada
* África e América Latina: potencialmente ricas, oficialmente pobres
* A explotación dos recursos agrícolas e gandeiros: cultivar contra a pobreza
* Muller e pobreza
* A inmigración: fuxindo da pobreza... á desigualdade?
* As relixións ante a pobreza e desigualdade no mundo
* ConSumo Derroche
* O comercio Xusto

Enviar comentario
Categorías
nela que