a_proxy_macións
martes, 19 de setembro do 2006, por Sr pause.
categorías: Acción Social

hoxe mércores marchamos unha delegación de alg-a pra Nodar, ó simposio internacional "Pushing the medium". Alá imos no carro alugado o Xesús, Nela e máis eu. repletos de mini-discs pra documentar o que pase.

o sábado preséntase a instalación interactiva "A_proxy_mations", que unirá a fonte pública de Nodar (30 habitantes), en Portugal, coa fonte artificial instalada na rúa Lourido, no barrio da Salgueira (Vigo).

os chorros das fontes funcionan de sensores de presencia, de xeito que se alguén corta coa mán a auga, emite un sinal, vía internet, á fonte situada no outro país. estes sinais activarán sons, conversas e luces cos nomes das mulleres do pobo. a periferia da periferia.

é un proxecto de Roi Fernández e Pedro Silva no concepto, e coa colaboración de Mig Seoane nas programacións.

estades todos invitados a participar na instalación, tanto na de Nodar (San Pedro do Sul, Portugal), como na da Salgueira (Vigo, Galiza).
Comezará a funcionar o sábado 23, a partires das 8:30 (hora galega) / 7:30 (hora portuguesa).

Fai falar á fonte.

Enviar comentario
Comentarios
20 de setembro do 2006 03:27, por nela que

que todo vaia moito bem.....

20 de setembro do 2006 04:20, por berio

Sorte Roi e compañía!!

22 de setembro do 2006 04:26, por ig

eshpitacular, pause

22 de setembro do 2006 10:04, por unha

os que vaides por ali saudar a unha moza chamada silvia que anda argallando por alí... cuns bicos dende galiza para portugal...e para unha que non sabemos moi ben de onde é..

23 de setembro do 2006 03:40

ya dominamos el espacio, para cuando el tiempo? hay que ponerse las gafas todos a la vez

2 de outubro do 2006 03:04, por proyecto hombre

y que rico el licor de café

Categorías
Sr pause