Por Kaldarte pasaron os mais variados e orixinais propostas artísticas, xurdiron miles de anécdotas e chistes, forxáronse amizades e sobre todo púidose intervir con intensidades variables o espazo urbano que algúns queren chamar público. O obxectivo principal que referenda Kaldarte, é a súa formulación como unha historia real e viva, unha idea dotada de obxectivos concretos e ideas variables que se tratan de alcanzar ano tras ano.
Entre os obxectivos vertebrais, destaca a proposición do espazo público como lugar para a presentación dunha serie de obxectos ou accións artísticas significantes que entren en relación directa co espectador, tendo en conta para tal relación, todos os aspectos contextuales que se integran na comprensión da sociedade e o espazo para o que se vai a xerar o modelo artístico.
Outro dos obxectivos, é a participación cidadá, pretendendo que o diálogo co pobo sexa total, xa que durante seis días o produtor mergúllase nun cotián diferente ao seu particular, e debe completar unha función pedagóxica desde o límite, feito que se produce dun modo natural e inmediato, no taller, na rúa.
Neste ano 2008, once foron os proxectos presentados neste evento-xuntanza en Caldas de Reis (Pontevedra), entre os fantásticos e demoledores grafitis ou pinturas murais de Tiñas e Pelucas, a Néboa de Marta Fernández, a actuación do colectivo Portugués Fictionary players cos que xurdiu unha boa comunicación e amizade, etc. Tamén poderedes ver a instalación que alg-a (SR Pause e Nela Que) situaron nos subterráneos do edificio "A Tafona" (casa de cultura).
Esperamos volver...
Persoalmente quero agradecer a súa atención e bo facer a Candela e Juanjo así como a todos e todas os que estivemos alí...
![]() |
KALDARTE 08 |