Esta fin de semana temos unha xuntanza alg-a á que estades invitados e da que moitos de vos xa tedes noticia.
Será na casa de nenoescuro en Xuño (Porto do Son), e aquí vos enviamos un programa do que faremos alí.
Animádevos e vémonos en Xuño, a continuación póñovos o programa feito por nenoescuro:
[||]
[|
[|Sábado 29 de xullo|]
11.30-12.00 | Encontro no porto de Ribeira (a carón da estación de buses) |
12.00-13.00 | Expedición para o abastecemento alimentario |
13.30-14.00 | Chegada e toma de contacto Xuño (Porto do Son) |
14.00-16.30 | Xantar e sobremesa |
16.30-20.00 | Paseo praia das Furnas e foro comunitario á beira da lagoa de Muro |
20.00-21.00 | Volta á casa e construción dun tinglado performático ao aire libre |
21.00... | Acción creativa aberta no solpor |
[|Domingo 30 de xullo|]
11.00-12.00 | Almorzo |
12.00-14.30 | Goce do lugar |
14.30-17.00 | Xantar e sobremesa |
17.00-20.00 | Paseo até O Castelo |
20.00... | ? |
Notas:
Levade roupa cómoda e calzado para camiñar (e tamén traxe de baño e toalla).
De ser posíbel levade tamén un saco de durmir.
A predición meteorolóxica é de ceos anubados para o sábado e despexados para o domingo.
Por suposto, levade os aparellos e instrumentos que consideredes necesarios.
Por cuestións de organización os que non teñades confirmada a asistencia e contedes con participar facédeo canto antes póndovos en contacto con nenoescuro no enderezo.
wilbur_451@yahoo.com
Para calquera consulta utilizade tamén este enderezo ou chamade ao 686595160
Vémonos a fin de semana
nenoescuro
[||]
Nota2 (actualización):
Ola outra vez. Aínda que xa está colgada na páxina
aí vos vai a proposta de roteiro para a fin de semana.
Só engadir que para chegar a Ribeira desde Santiago
hai buses directos a todas horas cunha duración de
traxecto de entre 1,15h. e 1,45h. (dependendo do
percorrido). Descoñezo os enlaces desde Vigo e
Pontevedra.
Para chegar en coche desde Santiago, Coruña ou Lugo
o mellor é ir a Padrón e alí apañar a vía rápida até o
final. Desde Pontevedra, Vigo ou Ourense, se se apaña
a autoestrada non fai falla chegar a Padrón, vale con
coller a saída de Catoira e logo seguir as indicacións
para chegar á via rápida que vai a Ribeira.
Outro asunto: Non puiden conseguir un canón de
vídeo e nestes momentos Chiu anda a ver se atopa algo.
A cousa é que neste caso habería que pagar o
alugamento entre todos e non sabemos aínda o prezo,
pero calculamos que podería saírnos entre 5 e 10€ por
persoa. Por min paga a pena, pero anímovos a que
deades a vosa opinión ao respecto o antes posíbel para
poder reservalo.
Tendo en conta isto, se alguén ten outra
posibilidade para conseguir un canón de balde ou a un
prezo interesante que mo avise tamén canto antes.
Por último, se alguén non pode chegar á hora
sinalada e vén máis tarde, que se poña en contacto
comigo para mandarlle un plano de como chegar á casa.
Unha aperta a todos.
nenoescuro
estou nelo compañeiros, penso que esta mesma tarde (a do xoves) saberei si consigo un proxector a bo precio. Estou preparando unha serie de documentais por si xurden ganas de velos. Todos estes documentais pertencen o arquivo NGV Vision (http://www.ngvision.org/index.es.html), que levou un premio Ars Electrónica hai uns anos pola súa idea. Esta idea é que facilitaron un servidor para que calquera persoa puidera (e poida) subir documentais gravados por eles mesmos e sempre relacionados co activismo social. Os documentaís que se poden baixar alí ofrecen sempre o ponto de vista da sociedade, e nunca dos medios de comunicación oficiais ou da torre de babel na que se convertiu o saber. Baixei case todos os que están no noso idioma, así que si empezamos con aquelo e non gusta algún, pois lle damos o seguinte.
Algúns títulos:
codigo_linux.avi
companero_cineasta_piquetero_proyecto_enerc_2002_.avi
dario_y_maxi_presente_.avi
davos_portoAlegre.mov
decoder_2.avi
en_vena.avi
fury_over_spain.mpg
guadalajara_negro.mpg
guernica_3787.avi
la_violencia_como_herramienta_de_lucha_politica.avi
manifestaci_n_pro_software_libre_hack3_a2003.avi
rostro_de_la_dignidad_memoria_del_m_t_d_de_solano_.avi
sin_dios_1936.avi
tubo_catodico_in_Graz.avi
É unha proposta.
Aperta
chiu
recomendo visitar tamen a ponte romana de xuño!!!!perfectamente conservada. é xenial. Despois un paseo ata a Coviña!E unha visita á taberna de Nica!!!do + divertido
Visita a nosa Web: www.montelouro.es e disfrutaras da vida