Publicamos no net label alg-a o concerto realizado por Carlos Suárez no Sónar o 20 de Xuño do 2009 en Barcelona. Publicado na sección de Live sets. Un concerto brutal do que xa falamos no seu momento. Agradecerlle a Carlos este pequeno tesouro para rematar o ano 2009 e en xeral a tódolos artistas que dalgún xeito colaboran connosco.

Txt reflexionando sobre a peza sonora do propio Carlos Suárez.

Sapere Aude significa en latín atrévete a saber ou ten o valor de coñecer. Esta peza fai referencia ao desengano, que se produce cando nos atrevemos a mergullarnos na dor do mundo, e dámonos conta ata que punto o poder enganounos, para que así nos convertamos en cómplices da súa vaidade e esforzos por manter os seus efémeros privilexios.

O desengano aínda que extático é tamén unha experiencia dolorosa, pois implica o recoñecemento dunha verdade que se atopa oculta. Segundo Nietzsche: “a cuestión é: canta verdade somos capaces de soportar? esa foi sempre para min a auténtica unidade de medida”.

A obra intenta transformar o desengano en son, pero non é suficiente revelar ao mundo estas acústicas da mentira e a estafa dicindo que todo é unha merda, o artista ten a responsabilidade de propor unha saída, unha alternativa ao engano. No meu caso, creo que é a diversidade: ideolóxica, estética, biolóxica, relixiosa, e de calquera outro tipo, a que ten capacidade de quebrantar os cimentos do poder, o cal esencialmente fortalecer e nútrese da uniformidade, dos dogmas e da anulación do libre albedrío.

alg-set003 - Carlos Suárez. - Live Sónar 2009

Carlos Suárez no Sónar from alg-a on Vimeo.

Enviar comentario