alg026 - Recopilatorio alg-label#2 - VV.AA.

CD serie limitada / Online

Despois de 25 referencias no catálogo, é un bo momento para compilar nun traballo, aos artistas que veñen colaborando regularmente co netlabel alg-a.
14 temas exclusivos doutros tantos artistas de Galiza, Portugal, Euskadi, Estados Unidos, Grecia e Escocia, dan boa mostra do que vimos ofrecendo durante estes dous anos largos de vida do netlabel;
Audio Libre e sen ataduras estilísticas.

Á vez, editamos unha versión "física" en CD, numerada e limitada a só 104 copias, para os que buscades a máxima calidade en audio, e compatible con todos os reproductores.
O Cd, ven cosido dentro dun orixinal embalaxe de tela, feito de forma artesá, e con toda a info no interior.
Esta versión exclusiva para coleccionistas a podedes conseguir ó prezo de 10 euros escribindo á seguinte dirección:

netlabel.alga[arroba]gmail[punto]com

Para nós é un pracer presentarvos esta referencia tan especial.
Esperamos as vosas visitas e comentarios aquí
Non vos cortedes !

Enviar comentario