big black
xoves, 26 de abril do 2007, por Berio Molina.

Ahí vai un recordatorio.

Big black! 2 guitarras un baixo e unha caixa de ritmos roland. Enfermedade, densidade, acumulación e repetición.

Principios dos oitenta. Chicago

Ler máis e ver máis videos

Flash Video - 15.9 MB
big black Kerosene

I was born in this town, live here my whole life
Probably come to die in this town, live here my whole life
Never anything to do in this town, live here my whole life
Never anything to do in this town, live here my whole life
Probably learn to die in this town, live here my whole life
Nothing to do, sit around at home
Sit around at home, stare at the walls
Stare at each other and wait till we die
Stare at each other and wait till we die
Probably come to die in this town, live here my whole life
There’s Kerosene around, something to do
There’s Kerosene around, she’s something to do
There’s Kerosene around, she’s something to do
There’s Kerosene around, we’ll find something to do
Kerosene around, she’s something to do
Kerosene around, set me on fire
Set me on fire, Kerosene
Set me on fire, Kerosene
Set me on fire, Kerosene
Set me on fire, Kerosene
Set me on fire

Nada que facer nesta cidade, vivir aquí toda a vida.
Kerosene aredor, algo que facer

fragmento da letra de Kerosene

Algún dia faremos un grupo igual que big black.

Flash Video - 17.9 MB
big black jordan minessota

En Vigo non hai nada que facer. Máis que enchufar unha base rítmica e facer ruído.

Big Black

Por outro lado, vendo estes videos e imaxinando a sensación de estar nun acto tal. Pensas nas interfaces físicas, e no desexo de que foran igual que os intrumentos que emprega Big Black: guitarra, baixo e caixa de ritmos ¿Tan difícil é?.

si

Un portátil non o podes tirar ó suelo. Ni tan siquiera lle podes poñer unha copa ó lado porque hai medo a que lle caia enriba. Un sensor ou un piezoeléctrico tes que tratalos con cuidado porque senón se rompen. Cunha webcam tes que ter coidado coas condicións de luz, xa que senón todo o mapeado que fixeches nas probas non che valen de nada.

En esta dinámica donde nada funciona ata 5 minutos antes dunha actuación ou dunha instalación. E pendentes de que non falle nada técnicamente ou de que o instrumento non se mova máis da conta porque senón se vai todo ó carallo. E nesta dinámica donde o espectador tan só se pregunta como raios fixo o que fixo técnicamente. Cabe facer unha apoloxía pola investigación de creación de interfaces físicas dende un punto de vista da violencia.

Flash Video - 4.4 MB
big black l dopa

A violencia somete aos instrumentos a unha catarse que se transmite ao espectador directamente ao sistema nervioso, e que somete ao músico físicamente. - ¿Que lle pasa a Steve Albini, cantante de Big Black, para que comeze a actuación coa camiseta blanca, impoluta, e remate con ela e coa súa cara e cuello cheo de manchas vermellas?. Hai quen dice que durante o concerto, alguén do publico estaba rociando a Albini cun spray, e outros que se cortou a man coa guitarra e se impregnou todo o corpo coa súa sangue, e outros que había unha rapaza no publico que estaba sangrando e que untaba a Albini - . Imaxinádesvos que alguén se faga dano e sangre manipulando agunha interface física?, imaxinades a alguén do público rociando con spry a alguén que está manipulando un controlador de audio que son duas bolas de cristal luminosas por dentro estilo theremin?.
Imposible!

Flash Video - 6.9 MB
big black bad penny

Demasiado coidado, a interface física está demasiado mimada, é tan delicada, que si lle pasa algo, automáticamente se suicida.

No pasado OFFICMC, na sala Metronome de Barcelona, vimos unha actuación do grupo Convolution Brothers, no que tamén actuaba Mille Puckete, creador de max/msp e puredata. Fixeron unha parodia que viña un pouco a conto da incapacidade emocional de moitas interfaces físicas, utilizando unha pala (como as das obras) para ler patches de puredata; os patches estaban escritos sobre a pel dos músicos e cando acercaban a pala ó patch este sonaba. Por suposto era todo mentira, o patch non sonaba, cando acercaban a pala ó patch debuxado no peito do músico, dábanlle a un botón no ordenador e sonaban ruídos. Logo golpeaban a pala contra o solo e botábanlle dramatismo ao asunto.
Sirva esta anécdota para expresar a minusvalía física de moitos instrumentos analóxico-dixitais, e para reivindicar o lofi e a violencia na creación de interfaces físicas!

Flash Video - 7.4 MB
big black passing

videos subidos por hesesails e extraídos de youtube

Enviar comentario
Comentarios
26 de abril do 2007 15:43, por nelu

ummmmmmmm..........que ben senta......
gracias berio

muake

.