cambio de dominio en alg-a
xoves, 3 de agosto do 2006, por Berio Molina.

A partires de hoxe www.alg-a.com deixa de estar operativa, debido ó cambio de dominio a www.alg-a.org. Polo que si poñedes www.alg-a.com no voso explorador de internet, seredes redirixidos a esta nova páxina.

2www.alg-a.org2

Este cambio fixemolo porque consideramos que a terminación .org se adapta mellor ás nosos contidos e actividades, esperamos que non vos cause demasiadas molestias, e coma sempre, vos convidamos a participar e formar parte do proxecto alg-a.

Podedes consultar os tutoriais de como publicar nesta web na sección de axuda de alg-a.org:

e si tedes algunha pregunta ou duda, non dudedes en escribir a:
info[a roda]alg-a[o punto]org

Agradecementos a Bandúa produccións pola ilusión, o soporte técnico e a realización da antiga páxina, durante os dous anos que estivo en funcionamento (dende agosto do 2004 ata agora), e a todos os redactores, comentaristas e visitantes.

Seguimos...

Enviar comentario
Comentarios
3 de agosto do 2006 16:52, por Roberto Abuín

Sinceras felicitacións vos dou para o proxecto ALG-A. Agora comezo a ver no interior rizomático de vós unha nova semente que esparixe unha praxe creadora realmente inaugural dun novo modelo de vida e obra, de ser e de realizarse. Dende que estou vivindo na cidade de Oaxaca, cuna da cultura zapoteca, antiga e sabia coma os magos que habitan estas montañas que dende aquí (o meu estudio) vexo, foi para min a ALG-A que vós fiáchedes o único veículo de reconexión creativa coa miña terra de orixe. A través de vós, diariamente, cando chequeaba o correo electrónico, vía a luz da miña terra manifesta en mans creativas, en redes interconectoras, de seres que habitaban a realización tecnolóxica do espírito humano. E o meu ser reconfortábase.

Agora que vos vexo renacer nunha nova constitución realizativa de ALG-A, sendo xa unha comunidade de arte e acción libre (verdadeira inauguración da creación multidisciplinar e poliforme) auguro a reconstrucción da patria virtual na que todos nós, navegantes do descoñecido, habitamos por toda a eternidade da nosa existencia encarnada.

Augúrovos e deséxovos o grande fin da reanimación creativa do espírito galaico, tan necesitado de propostas intersticiais que, como a vosa, refunden o antigo no novo, remodelan o tradicional co futuro. Recrean, en fin, o todo do que vimos no novo eixo de luz no que a nosa consciencia se levanta e anda.

Como di o teórico de sistemas Heinz von Foerster, "a orixe está no futuro". Non a esquezamos nunca porque é a auga que nos da o sustento inesquecible de nós mesmos.

Saúde e felicitacións.

4 de agosto do 2006 02:19, por isaac-cordal

Hoxe levantámonos na Pastora legañosos, Antía, Berio e máis eu. Unha das primeiras cousas que facemos o levantarnos e sentarnos diante do ordenador, como unha especie de ritual cotidiano, de tic vital, observar o afora doutro xeito que non ten nada que ver co barrio no que vivimos. Alg-a é unha forma máis de velo mundo, e a verdade que agradecemos o teu comentario, que nos anima a seguir con este proxecto. Tamén como xa sabes estas invitado (como tódolos que visitades e formades parte de alg-a) a colaborar na redacción desta web). Un saúdo.
Antía, Berio e Isaac.

5 de agosto do 2006 01:10, por Pedro Jiménez

holas,

no sé si habíais cambiado la web a spip hace mucho, la verdad es que no la visitaba desde hace tiempo pero el cambio me ha encantado y el .org de puta madre!!!

suerte!