consumo_logo_existo?¿
mércores, 31 de maio do 2006, por Berio Molina.
categorías: Axenda

Acción artística. Lugar: Boiro (A Coruña)
Data: 03/06/06 Hora:10 da mañá.

Despois dun longo período de xestación doDemo salta a rúa, tres membros do grupo formaran parte da Acción “consumo logo existo?¿”, que desenrolará o sábado 3 en Boiro (A Coruña). Gustamos da túa participación.
Axúdanos a encher o carro da compra, con produtos de consumo, pero formados unicamente de auga en estado sólido (xeado), sérvete do teu inxenio ou simplemente saca os xeos do refrixerador , nas túas man está a nosa efémera identidade.

O punto de encontro será na porta do centro social de Boiro (esquina da rúa principal coa avenida Xosé Antonio) o sábado 03 de xuño entre as 12 e as 12:30 da mañá, publica esta mensaxe ou reenvía os teus coñecidos, o fin no cuarto mundo todos somos doDemo.

Obrigado.

Novas relacionadas en http://consumologoexisto.blogspot.com
Contactade dodemo@gmail.com

Enviar comentario
Categorías
Berio Molina