crónica OFF San Campio09 (1º dia)
xoves, 17 de setembro do 2009, por srpause.

OFF San Campio 09 naceu dunha mestura entre varias propostas alg-a para as festas parroquiais de Valadares e o interese da comisión de festas de San Campio en levar algo máis que á Orquesta NBA ó campo da festa do Torreiro.

No tempo record dunha semana e media montamos no Alg-a Lab, coa colaboración da comisión, unhas xornadas festeiras de 4 días, abarcando dende teatro infantil ata experimentación sonora, e pasando por performance, concertos de punk, percusión, obradoiros, presentacións de proxectos de realidade expandida e moito bo rollo.
A xornada inaugural, o venres 28, comezou despois de superar varios problemas técnicos co grifo da cervexa (!) cun pasarrúas a cargo da sección “Bloquinho da Salgueira”, pertencente ó grupo de percusión Aperta. Levaron ritmos brasileiros polas rúas da parroquia e queceron/relaxaron o ambiente.



Despois o noso querido Carlos Suárez deu unha marabillosa clase maxistral etnográfica sobre ritmos latinoamericanos, tocando e explicando historias e porqués das diferentes músicas.
Finalmente uníronselle no escenario os compoñentes do “Bloquinho” e montaron unhas improvisacións moi divertidas, inventando letras en galego sobre ritmos da amazonía.

Carlos Suárez no lab alg-a from alause on Vimeo.

Despois dunha pausa de avituallamento na barra, chegou o momento para dúas bandas de punk-rock da zona de Valadares: Demencia Sonora e R.I.F (República Independente do Freixo). Estes grupos traeron a bastante público local...de tódalas idades, pois puidemos ver dende carriños de bebé ata “veteranas” como a señora Benedicta (septuaxenaria veciña do Lab) sentada coa súa manta e o seu café con leite escoitando os riffs de R.I.F... É que como me dixo ela, “hai que darlle un pouco de marcha a isto”.

R.I.F. no lab alg-a from alause on Vimeo.

Para rematar, fixemos un micro aberto e tan aberto, as bandas diluíronse, misturáronse compoñentes, subiron cantantes novos, e a festa alongouse ata as 3 da mañá.




O único lunar oscuro da xornada foi a desafortunada intervención dun veciño que, de moi malas maneiras, quixo impoñer a súa lei do silencio... Pero gracias o apoio ó noso favor do resto dos veciños e xente de Valadares que estaba no Lab, as augas volveron ó cauce (máis ou menos).

En xeral, unha xornada incrible pola variedade e calidade de propostas e público, e por ver ó Lab engalanado de festa.







Máis fotos:

Enviar comentario
Comentarios
18 de setembro do 2009 19:13, por isaac-cordal

puuuuummmmmmmmmmmmmmmmm!

19 de setembro do 2009 04:26, por ne

...otra, otra, otra, otra...

que ben o pasamos caraio!
muas

28 de outubro do 2009 11:55

Estuvo genial, yo estaba tocando cuando apareció el vecino ajajaja que bueno!

Seguid así!