Cristina, do fanzine despregable e membra de alg-a, envíanos esta crónica do que foi o artech05, dentro do programa da bienal de Vilanova de Cerveira deste ano. Gracias Cristina.
ARTECH 2005
A finais de agosto celebrouse en Vilanova da Cerveira (Portugal) o segundo workshop luso-galaico de artes dixitais. De workshop (taller en inglés) non tivo nada, en todo caso poderíase chamar seminario ou algo polo estilo. O nome do evento foi “Nas fronteiras do imaxinario”, e ainda non sabemos moi ben por qué. De tódo-los xeitos o que máis chamou a atención foi a falla dun hilo conductor que vertebrase as diferentes conferenzas, xa que se tocaron temas como a educación, a música dixital ou diferentes sistemas de interfaces de forma bastante xeral.
Que se faga un “workshop” de arte dixital, e algo prometedor e hai que recoñecerlles a boa vontade, pero as cousas en Vilanova non se fixeron ben. Unha mala organización, unha inadecuación total do espazo, e por suposto, unha falla de participación e experimentación das obras por parte dos asistentes.
O punto forte foi a presenza da artista dixital Christa Sommerer, quen xunto con Laurent Mignoneau, forma unha das parellas máis innovadoras e activas dentro da creación artística internacional. Para optimizar o contido deste artigo imos centrarnos no traballo destes artistas, a medio camiño entre a arte, o deseño e o edutaiment (education + enterteiment), propostas innovadoras e realmente divertidas.
>>a ARTE COMO PROCESO VIVO>>>
christa sommerer e laurent mignoneau::
A apariencia fría e introvertida de Christa Sommerer contrasta coa súa seguridade a hora de falar dos seus proxectos, e non é de extrañar, xa que dentro das súas investigacións están revelando importantes avances no que a sistemas de interfaces se refire. Uns avances que chegan, nin máis nin menos, que da man do mundo da arte e non da propia investigación tecnolóxica. Ela estudiou Bioloxía en Linz, e o seu compañeiro, Mignoneau, fixo Arte Moderno e Video Arte en Francia. Coincidiron no 1992 no Institute of New Media de Frankfurt onde iniciaron o seu traballo xuntos que segue ata o de agora. As súas obras están expostas nos mellores museos de arte contemporánea, como no Media Museum do ZKM (Karlsruhe), na Foundation Cartier (París) ou na HOUSE-OF-SHISEIDO en Tokio. Ademáis o seu curriculum complétase coa obtención dos premios máis importantes desta modalidade, como o Golden Nica (Ars Electronica).
Comezaremos falando dunha das obras da súa primeira etapa, >>A-Volve>>> (Evolución artificial) para poñernos en situación, A-Volve é un entorno interactivo, que está composto por un estanque de auga e ó lado unha pantalla sensible ó tacto. O usuario deseña unha forma na pantalla e automáticamente aparece viva nadando no estanque. A forma que se lle da e determinante, xa que unida a ela xorden as características da cor, a axilidade e a aptitude dentro do estanque. Para que todo esto se xenere, so tras deseñar un perfil na pantalla, Christa e Laurent desenrolaron uns complexos logaritmos que son os que determinan que cada criatura posua diferentes características, por exemplo, canto máis aerodinámica sexa a forma, máis dinámico será o seu movemento.
Ningunha das formas ven dada, son creadas en tempo real polo tanto diferentes unhas doutras.
A súa vida dentro do estanque componse de varias etapas e funcións. Son predadoras, e deste xeito captan a enerxía das criaturas que cazan, creando seres cada vez máis fortes. Os usuarios poden interactuar nestas loitas coas suas criaturas, poden atrapar ó predador coas suas mans, evitando que ataque, ou ben agochar do mesmo modo as criaturas más febles. Cando dous seres fortes se atopan poden aparearse e incluso ter descendencia. As novas formas “nacidas” teñen o código xenético dos seus proxenitores seguindo as leis de Mendel.
“Arte como proceso vivo”, e a denominación que fan os artistas destas instalacións. Outra obra deles chamada Life Spacies II segue dalgún xeito estas directrices, buscando poñer ó límite o real e o irreal, levando ata o final a diferencia entre estas dúas esferas.
Fai uns días podíase ler nun xornal que un investigador suizo, en concreto Heinrich Roher, “opinaba” que en 50 anos a nanotecnoloxía (tecnoloxía a nivel microscópico) ía revolucionar a vida humana do mesmo xeito que o fixera a Revolución Industrial ou as actuais novas tecnoloxías. >>Nano-Scape>>> e unha das obras máis recentes desta parella xa que foi presentada no ano 2002. Trátase dunha escultura invisible e interactiva.
A instalación consiste símplemente, nunha mesa que posúe un campo mágnetico onde se atopa o interface, ou o que é o mesmo, o campo de interacción.
O usuario terá que poñer dous aneis provistos de fortes imáns para percibir as sensacións que lle transmitirá a obra. O situa-las mans nesta superficie sentiremos a repulsión ou a atracción típicas dos obxectos con forzas magnéticas, mesmo leves descargas, que chegan a crear unha imaxe mental dunha escultura invisible. O caso é, que mentres todo-los estudos tentan mostrarnos imaxes do nano mundo, Sommerer e Mignoneau buscan facelo sensible e accesible intuitivamente. O fin último da obra é a imaxe que xorde na nosa mente, como o esquencemento dun mundo real ou virtual, ou mesmo ficcional, alcanzando unha esfera puramente mental.
En pouco tempo podemos comprobar como a tecnoloxía vai adquirindo, nos seus avances, formatos cada vez máis pequenos. De feito xa se teñen probado pequenos implantes, a maioria deles cunha finalidade médica, no corpo humán. Isto xerou múltiples discusións a cerca da creación, nun futuro non moi lonxano, de humans-máquina, é dicir, os cyborgs da ciencia ficción feitos realidade. Sommerer e Mignoneau dalgún xeito, exploran este ámbito dun modo moi natural e apoiandose únicamente na tecnoloxía como ferramenta para conseguir que os conceptos que tratan de mostrar sexan facilmente comprensibles, entretidos e moi reveladores.
Por último imos falar dunha das súas obras máis coñecidas e divertidas:
>>Mobile Feelings>>>
Está estudado que a linguaxe verbal non é a máis utilizada na comunicación humana. Unha serie de informacións básicas e inconscientes, coma as de tipo táctil, intuitivo ou sensual completan os nosos diálogos. En cambio, os nosos sitemas actuais de telecomunicación baseanse exclusivamente na transmisión verbal e na imaxe.
Co obxectivo de construir uns dispositivos de telecomunicación máis emocionais e facendo posible a comunicación corporal, crearon Mobile Feelings. Se trata de dous transmisores de formas orgánicas, que en troques de transmitir información verbal ou imaxes, transmiten os latexos do corazón, a presión sanguínea e incluso o ar que proxectamos ó falar.
Os usuarios poden percibir estas sensacións grazas a unha serie de bio-sensores insertados no seu interior, como mini-ventiladores, vibradores e outros dispositivos específicos que transmiten os datos corporais a través da rede telefónica habitual.
Outro campo que exploran con esta obra é como a tecnoloxía cambiou a nosa vida social, perdendo a privacidade para posuir agora unha maior movilidade e estar conectados en todo momento, e como a xente viuse transformada de súpeto, en actores que narran os detalles máis privados nos teatrais escenarios das estacións de tren, restaurantes, rúas e calquer lugar de encontro social.
Outros moitos traballos completan o traballo destes artistas onde tamén exploran o campo do net.art con instalacións como The living web ou Riding the net.
Saber que aquí non se poden ver este tipo de obras é bastante duro, esperemos que pronto cambien as cousas. Ate entón seguiremos informando.
Links/Ligazóns:
http://www.iamas.ac.jp/ christa
http://mitpress2.mit.edu/e-journals/Leonardo/index.html