Moitos dos artistas desta edición do Sónar puidemos disfrutar deles na Transmediale deste ano, Ryoichi Kurokawa, Alva Noto, Micachu and the shapes, Tim exile, John Hopkins, Sdn, e algúns máis. Nese senso o feito de ver as bandas dúas veces tes unhas expectativas que non tiñas a primeira vez, onde a capacidade de sorpresa é moito maior. Polo tanto, a actuación de Ryochi Kurokawa, o ter un referente, prometía ser tan impáctante como na súa actuación da Transmediale. Non defraudou.
Neste artigo relatamosvos o que aconteceu na II edición do Tramuntana festival, en Cadaqués e Cap de Creus, con actuacións audiovisuais, instalacións interactivas, proxeccións de video-arte. Con especial énfase no tema dos catro elementos. Houbo propostas moi interesantes entre as que cabe salientar a de Sonom coa "Sinfonía para os catro elementos" na que convertiron o faro de Cap de Creus nun instrumento.
Tamén nos deixou boquiabertos a actuación de Nice-noice , "Mitosis" na que usaban oito láser como se fose un arpa e pantallas táctiles de cores como se fose un teclado. A verdade é que foi unha fin de semán máxica entre a lúa chea, as actuacións ao aire libre e a beleza do enclave onde aconteceu este festival.
Crónicas #01 e #02 do taller "Introducción a la Creación Musical por Ordenador", dentro do ciclo ArtEx Sonora, no MACUF, dirixido por Ángel Faraldo.
Escritas e vividas polo organismo alg-a: Christian García Bello.