e-music. entrevistas e radio
martes, 19 de decembro do 2006, por Berio Molina.
categorías: Net audio

e-music é un programa de radio semanal emitido na CuacFM e en radiofusión. Dende a rede emiten en formato podcast baixo loudblog, e pódense escoitar a calqueira hora do dia os programas emitidos dende aproximadamente o mes de setembro.

Os contidos son de música electrónica e mundo contemporáneo, cun grande protagonismo no contexto galego.
Últimamente están levando a cabo entrevistas-reportaxes especiais a xente activa en Galicia.
Nos dous últimos programas fixeron unha a Xesús do netlabel de alg-a e outra a Julio de sinsalaudio.
A de Julio non ten desperdicio.

Enviar comentario
Categorías
Berio Molina