Aquí esta a versión completa da entrevista que fixo o fanzine despregable a alg-a:

"Alg-a xurdiu por necesidade, por unha vital necesidade de comunicación e contacto..."

_O primeiro é que vos agradecería que me fixésedes unha breve descripción de como contactastes entre vos, de onde procededes, se estades todos en Galicia, máis ou menos como xurdiu o proxecto de alg-a... (podedes enrollarvos todo o que queirades)

A metade máis ou menos de nós, coñecemonos na facultade de Belas Artes de Pontevedra, e procedemos de tódalas partes de Galicia. A creación de alg-a xirou entorno a catro entidades: Bandúa produccións, o colectivo de performances interactivas Ludd 34560, Chiu Longina a través do seu proxecto de audioteletipos (xunto con Pedro_Zemos e Pablo Sanz Almoguera), e o festival IFI de Pontevedra.

Alg-a xurdiu por necesidade, por unha vital necesidade de comunicación e contacto. En Galicia estamos nun momento no que a emigración da creación está rompendo coa xeración da cultura local, moitos de nós estamos desperdigados por ahí buscando coñecementos e algún tipo de contacto coa realidade física da creación actual que en Galicia non se atopa.

En internet non hai emigración, xa que virtualmente estamos no mesmo sitio, por eso foi que pensamos que unha comnunidade dixital era o mellor que podiamos facer para seguir convivindo cunha identidade cultural.

_A vosa páxina, eu diría (se me equivoco ¡por favor! correxídeme) pasa por ser unha das primeiras que, dentro de Galicia, estase a ocupar do tema da arte e a música dixital, cómo vedes que non haxa outros organismos ou colectivos que se adiquen a estes aspectos da cultura contemporánea.

É moi destacable o traballo que está facendo a xente de Sinsalaudio de Vigo: www.sinsalaudio.com, www.longina.com, www.sinsalradio.com, e a xente da sala Nasa de Santiago de Compostela, por certo, desde a máis absoluta independencia.

A razón de que non haxa moitos máis colectivos ou organismos removendo a arte dixital pódese deber, entre outras cousas a:

+ A maneira que teñen as institucións de Galicia de apoiar á creación contemporánea en xeral, faise unicamente, a través de convocatorias de concursos de carácter competitivo, e á concesión de bolsas ben para desenrrolar un proxecto individual ou ben para estudiar no extranxeiro ou facer cursos de postgrado e masters.

Cando o que realmente fai falta é que haxa centros nos que poder desenrrolar unha actividade artística contínua, é decir, lugares donde os artistas poidan acceder baixo prezos accesibles a uns talleres, unhas mínimas instalacións técnicas e tecnolóxicas, un lugar de encontro, un espacio donde poder mostrar actividades non usuales-dixitales (e cando digo dixitales non só falamos de videocreación, senón de instalacións interactivas, sensores, laptop music, software art, soundtoys, animacións interactivas, vj e dj actions, narración interactiva, robots, etc...) donde se leven a cabo obradoiros e conferencias, etc...

Os únicos centros que hai en Galicia son o CGAC, o Marco e as galerias de arte de corte "clásico", xunto con fundacións privadas... pero sucede que a arte dixital se da en tempo real, e dase no mesmo tempo no que se está creando, e a extructura destes centros non posibilitan este tempo real, xa que nestes centros non viven-traballan os artistas.

¿Qué sitios hai en Galicia donde se mostre arte no mesmo lugar-espacio no que está sucedendo?, ¿qué sitios hai en Galicia donde poidamos atopar a máis de dous artistas xuntos traballando de forma contínua?, ¿ningún?. Hai moitos exemplos que poden servir de referencia para que esta situación poida cambiar, como pode ser o Hangar (www.hangar.org) sala de estar (www.saladestar.com) L’antic Teatre, riereta () de Barcelona.

Poida ser que o asociacionismo sea unha boa maneira de enfrontarse a este vacío (polo menos dúas das entidades que acabo de nomear son asociacións culturais), pero para esto deben de dedicarse polo menos tantas axudas como hai para a concesión de concursos e becas, que non digo que estean mal cando están satisfeitas unhas necesidades básicas, pero que só potencian o individualismo, e a cultura non se constrúe si non existen as comunidades, e en Galicia carecemos dunha cultura de vangarda-dixital-tecnolóxica.

¿qué fai un artista galego cando lle conceden unha bolsa, gaña un premio ou lle subvencionan un proxecto?. Si lle dan unha bolsa, polo xeral é para estudiar no extranxeiro, ou noutros lugares da península. Si gaña un premio, invirte o diñeiro nunha matrícula nun máster, en cursos de postgrado ou en gastos de mantenemento e aloxamento en cidades de fóra de Galicia. E si lle subvencionan un proxecto, o máis seguro é que teña que irse fóra de Galicia, porque de sabido é, que hai máis posibilidades de que che subvencionen un proxecto si para desenrolalo tes que ir ó extranxeiro.

Compartimos a idea de que viaxar enriquece, e de que os artistas están condenados a estar en contúnuo movemento, etc..., pero por qué non ía ser Galicia un sitio donde o resto da xente tivese que vir?

¿qué outras axudas para as asociacións que se queira dedicar á creación de arte tecnolóxico, aparte das axudas xerais a tódalas asociacións, hai en Galicia? A fundación Barrie de la maza da unha axuda para proxectos de desenrrolo cultural, pero que abarca un campo demasiado grande da creación cultural, e polo tanto está moi disputado por tódolos sectores da cultura (patrimonio, etnografía, arte contemporáneo, etc...). E aparte desto non hai grande cousa.

+ Na universidade non hai nin unha sóa facultade que investigue no terreo da arte dixital, e cando falamos de investigación na arte dixital, falamos de profundizar na relación entre a tecnoloxía e a arte, e cómo se poden aplicar e implicar mutuamente, non nunha mera aplicación da tecnoloxía no estudio da arte, para adaptarse á demanda comercial —> deseño, producción audiovisual, creación de páxinas web, etc...

No MTG (Music Technology Group) da universidade Pompeu Fabra de Barcelona, agora mesmo se atopan investigando Ross Bencina (creador de Audiomulch), Bram (desarroiador de Smartelectronix-pluginsVST), Gunter Geiger (desarroiador da libreira Gem para PD), Sergi Jorda (excolaborador técnico da Fura dels Baus), de vez en canto aparece Mille Puckete (creador de Max-msp e pure data), etc...

Polo que é normal que moi a miudo haxa actuacións desta xente na cidade, que moitas persoas con intereses similares veñan á cidade a coñecelos e de paso den unha conferencia ou fagan unha actuación, que o nivel de superación aumente, que se vexa unha motivación, etc...

Se supón que a universidade é o centro do coñecemento, e donde se debe profundizar sobre a materia como un dos medios para dinamizar a cultura dunha cidade. Pero resulta que na universidade galega, non se vive a arte en tempo real, e si se investiga, se fai máis unha labor de historiador de arte ou de coñecemento a un mesmo, que unha autentica inmersión na complexidade da inmediatez, e a presencia continua no coñecemento máis novedoso.

+ Tamén hai que ter en conta a pouca comunicación que hai entre as cidades de Galicia, e as entidades ou organismos destas cidades. Atopamonos dispersos por todas elas e o normal é que uns estean nun lado e outros noutro, polo que cando se coìncide é dunha maneira casual, e non se pode xerar algo de forma contínua.

Asimesmo, non hai un foco que centre todo o panorama, dispersando a pouca xente que hai por varios focos que disipan o potencial.

+ O outro problema e o da emigración, que se contestará unha preguntas máis abaixo.

_Por un lado a páxina ten un deseño moi coidado e unha grande variedade de entradas e opcions, e por outro ten ese aspecto de blog, que en ocasions é moi útil debido á velocidade coa que desenrolamos todas as nosas accions e a necesidade de inmediatez que impera na nosa vida. ¿É un feito, o do deseño, que ten una intencionalidade?

Alg-a é unha comunidade de seres subacuáticos que flúe polas correntes electrizadas. Como comunidade funciona a través de dous sistemas, por un lado o sistema do blog, que en realidade é un noticieiro donde se vai poñendo aquelo que interesa á comunidade no momento mesmo no que está sucedendo; a propia comunidade, a través do sistema de rexistro de usuarios, vai xerando as novas, polo que o feedback e constante e directo. Por outro lado están todas esas entradas das que falas, como o net label, a radio de sinsalradio, os artistas, as ligazóns, os textos, as descargas, etc...; que teñen a función de facilitar a expresión dos membros da comunidade.

Pronto poremos tamén un foro para que poidamos falar entre nós, e que calqueira poida entrar na conversa, o que incrementará a sensación de comunidade, e poderemos ver cales son os temas que máis demandan coñecemento por parte dos organismos que forman a comunidade.

_Na vosa web falástedes algunha vez do proxecto de Clara Boj e Diego Díaz, Red Libre Red Visible, ¿cómo vos posicionades ante a posibilidade dunha liberalización e conseguinte gratuidade de internet? ("Razona la respuesta")

"
- Todo el mundo puede acceder al espacio de la información y la comunicación y ser parte de la transmisión de cultura creando conocimiento y aprendiendo del conocimiento de los otros.

- El espacio público (físico y digital) será siempre propiedad de los ciudadanos."

Estes son algúns dos puntos sobre os que xira Red Libre Red Visible, publicados na propia páxina do proxecto: http://www.redvisible.tk/

Estamos totalmente dacordo con estes principios, e cremos que esto amplia a problemática da liberación da información, donde non só se reivindica que esta deba de ser libre e pública, senón que o espacio donde esta flúe tamén deba de selo. A negación destes principios entendemos que é anticultural e antinatural, e probablemente a confusión creada arredor destes conceptos e sobre o que son e significan, veña dada por toda a marea terminolóxica empregada na rapidísima evolución dos medios tecnolóxicos (sempre propulsada por intereses político-militares-económicos ...aínda que este é outro tema máis complexo, xa que o mercado mesmo funciona como freno do avance tecnolóxico, probocado pola rentabilidade das súas inversións -): red libre, wireless, espacio virtual, espacio físico, conexión, nodo, servidor, información; todas estas palabras son dun uso moi recente e aínda non están asentadas na lenguaxe popular, polo que non son manexadas con moita soltura, esto proboca que poidan ser usadas como medio para crear confusión. Poremos un exemplo intentando sacar estes termos do seu contexto tecnolóxico, para facernos unha idea do que estamos falando.

O espacio no que se da a comunicación do proxecto redLibre e exactamente o mesmo que se da cando nos comunicamos por medio da fala, é decir, cando falamos. Ese espacio é público na maioría dos casos, xa que en case tódolos espacios podemos falar (temos "licencia" para elo) e as ondas sonoras, o sonido, as palabras, se propagan por ese espacio de forma invisible para nós, pero existindo de todas maneiras. Agora ben, si se decidira acotar este espacio público e delimitalo en franxas privadas, de forma que tiveras que pagar unha tarifa plana para falar, ou pagar un imposto por exercer a fala, polo uso dun espacio de comunicación público, non parecería absurdo e antinatural, en contra do sentido común?.

O feito é o mesmo, trátase de comunicación ó fin e o cabo, o que cambia e o formato, a forma na que se realiza a comunicación, o que utilizas para falar.

_Tendes en cartel algúns artistas galegos, e de feito son todos os que están pero non están todos os que son... ¿ónde están os artistas galegos?

Máis da metade dos artistas galegos que coñecemos están vivindo noutros países e cidades de fóra de Galicia, sobre todo en Barcelona, Madrid, Valencia, Inglaterra, Francia e Alemania.

_Se se foron de Galicia, ¿é por que na era da comunicación e das novas tecnoloxías a nosa posición segue a ser a dunha periferia?... ¿qué ou quén credes que xenera esta situación e cal sería o modo de soluciona-la ó voso entender?

Os motivos están contestados na segunda pregunta, só engadirei a imposibilidade de atopar un traballo de media xornada, que posibilite ter suficiente tempo libre para dedicarlle á creación, asumindo xa desde un principio que vivir da arte é impensable, e tamén asumindo que non se quere facer unhas oposicións.

_Ademáis de publicar noticias, comentar exposicions, ciclos, concertos etc... tendes unha selección de textos e case cada día sae un tema "teórico" novo que tratar, sodes ademáis dun portal de arte unha escola en línea? ¿tendes unha intencionalidade pedagóxica? ...entón... ¿credes que temos un hoco de información en canto á arte e os novos medios en Galicia?

¿Refíreste a que existe un vacío de información en Galicia?, si é así, está claro que o hai, e non só en Galicia senón no resto da península.
¿cantos textos hai en castelán que falen sobre arte e novos medios, e xa non digamos en galego? Está a editorial L’angelot de Barcelona que edita algo, a través do Mecad, e logo algún libro solto nalgunha editorial, pero puco máis.

Si te refires a si en Alg-a hai un espacio para a información, tamén hai que decir que si, tratándose máis ben dun intercambio de información e dun intercambio de coñecemento; si hai unha intencionalidade pedagóxica, trátase máis ben da creación dunha identidade colectiva e dunha co-construcción de pensamento. En definitiva, en Alg-a hai unha intencionalidade de creación colectiva que o impregna todo, sempre ligado ó mundo da cultura dixital.

_A sensación de vixilancia é cada vez maior, a video vixilancia policial, as cámaras dos comercios que nos graban dende que saimos do portal ata que chegamos ata deus sabe onde... e internet non se queda fora desta constante observación. A pesar de que fai pouco vimos cómo esta vixilancia tivo resultados positivos contra a pornografía infantil...

1. sodes conscientes desta vixilancia, notades unha falta de intimidade.

O que sentimos é unha forte presión de ameaza, sin saber moi ben porqué, nin por parte de quen.

A sensación que se ten cando alguén te vixia, é de que eres potencialmente culpable de algo. O efecto de ser vixiado vólvese á inversa e pasas a vixiar ti mesmo, a desconfiar de quen supostamente te vixia, creando un estado paranoico e esaxerado, potencializado pola imposibilidade de establecer un feedback, de dar unha resposta directa.

2. Que opinades a cerca de todo este tema, credes que se deben marcar uns límites?

Quen vixia debe abrir o seu código, para poder ser lido, debe mostrarse ó desnudo igual que se desnuda a quen se vixia.

O problema está cando se leva a vixianza do "por si acaso", cando se adelantan acontecementos e se presupoñen cousas, presupostos que soen proceder de prototipos e estereotipos, que non fan máis que desencadenar e probocar eses presupostos.

_Nesta sociedade da información, cun exceso da mesma, podeste perder fácilmente. Cómo explicaríades a vosa diferencia cos demáis medios, qué tendes vos que non teñan os demáis.

Alg-a naceu por unha necesidade de crear unha comunidade virtual que permitise o contacto entre os membros desta sin que estiveran que estar nun mesmo lugar físico. Este é o principio que iguala a Alg-a con outras comunidades, e ó mesmo tempo o que a diferencia das outras. É como si dixeramos que hai moitos grupos de amigos nunha cidade, pero cada grupo de amigos é diferente dos outros (aínda que sigan sendo grupos de amigos), e esa comunidade vai collendo unha identidade propia a medida que van interrelacionándose entre eles. Alg-a non é un medio de información, aínda que a través da extructura de novas poidera parecelo, non é algo que emite para que alguén o reciba, senón que é algo que emite e recibe ó mesmo tempo e muta dependendo de quen se relacione con ela. Polo tanto sempre terá unha identidade propia, que dependerá dos organismos-xente que entren en relación.

_Poucas veces Galicia sorprendenos cunha mostra de arte dixital, pero parece que moi pouco a pouco as institucións e os "entes" privados vanse facendo eco das inquietudes máis innovadoras, claramente por motivos políticos e económicos, pero eso beneficianos ós interesados ¿vedes dalgunha maneira, a evolución no marco das institucions? ¿a quen lle otorgades a condecoración de ser os pioneiros na aproximación da arte dixital en Galicia?.

Desde o noso punto de vista non vemos demasiado clara esta evolución.
Hai anos levouse a cabo no CGAC unha mostra sobre arte sonoro e música conpemporánea: panorama da música electroacústica, que aínda que non se tratase de arte dixital propiamente dita, si estaba presente dalgunha maneira a través das revolucións da música electroacústica e concreta. Logo tivo lugar a exposicion "Lost in sound" no mesmo centro, que xa se centraba máis no mundo da arte dixital, neste caso moi ligada á cultura de club, pero por desgracia, o comisario Manuel Olveira tivo que emigrar a Barcelona debido a certa polémica cos contidos da exposición, donde agora exerce de director do centro Hangar.

Estas dúas iniciativas non tiveron ningún tipo de continuidade, polo que neste caso non houbo evolución.

Si é verdade que nas exposicións que se levan a cabo no MARCO, CGAC, Museo de Lugo, Fundación Barrie de la maza, MACUF, fundación Caixa Galicia, Galeria Marisa Marimón, Museo do Mar de Vigo, etc... cada vez se pode ver máis certa arte dixital, e é sintomático que na última convocatoria de creación de Caixa Galicia, haxa un apartado para obras de animación 2d, donde poderían entrar moitos formatos de animación interactiva entre sonido-imaxe e video. Pero o que pasa é que se soe equiparar o videoarte co arte dixital, ou unha puntual instalación na que hai sonido con arte dixital, etc...

Desde o noso punto de vista esto débese máis ben a seguir unha tendencia no mundo da arte contemporánea, máis que de haber unha real preocupación e interese por esta.

É destacable e aplaudible a labor do Marco coa programación das sesións de arte sonora producidas polo colectivo SINSALaudio. Este podería ser un bo exemplo de cómo unha institución se serve dos servicios dun colectivo que ten unha total competencia no campo ó que se dedica, e polo tanto o nivel da mostra é real. Este sistema de funcionamento vémolo tamén no CCCB (Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona) donde a través dunha contratación con diversos colectivos, ceden a estes a programación de certos eventos, exposicións, conferencias, etc... Como pode ser o caso da Orquesta do Caos que para esta institución fai o festival de arte sonora Zeppelin, ou como a recente programación de arte e música electrónica, donde se puido asistir a conferencias de Ross Bencina e Gunter Geiger (desarroiadores de Audiomulch e Pure Data respectivamente), e actuacións como a de Justin Bennet e Coeval (que por certo estiveron presentes na pasada edición do Festival IFI de Pontevedra).

Ademáis este sistema ten outro compoñente moi importante, que consiste en que estes colectivos viven a escena en tempo real e están metidos de cheo nela (fóra das oficinas de administración das institucións), como é o caso do colectivo SINSALaudio, co seu clube Vademecwn e a tenda de discos, polo que o contacto coa escena non pode ser máis directo, esto fai que a institución se volva máis adsequible ós artistas e se mostre cercana, en contraposición a distancia que hai cando todo se organiza desde arriba, non habendo un contacto directo entre as diferentes partes implicadas.

Por último decir que o apoio privado á arte dixital non está aínda en Galicia asentado, e parece non existir unha conciencia no interese en financiala. Foi sintomático como, por exemplo na última edición do festival IFI de Pontevedra, non se recibiu ningunha axuda de empresas privadas de Galicia, a pesar de ter ofrecido o proxecto a un grande número delas (aínda que hai que decir que si tivo unha boa acollida na universidade de Vigo e no Concello de Pontevedra); como o festival sinsal de Vigo apenas ten financiamento e a menudo teñen que poñer cartos do seu peto; ou como a Sala Nasa, a pesar da súa grande traxectoria como sala, apenas conta na programación cultural dunha cidade como Santiago de Compostela, a máis turística de Galicia.

Destacaría a labor do colectivo Sinsalaudio, a sala Nasa e o entorno do festival IFI pola súa perseverancia, continuidade, ilusión, conciencia e coñecemento.

_Na vosa web, pódese baixar música "experimental" (decideme se tendes un térmo máis axeitado para denomina-la) tendes ademáis un selo de música net label, podedes falar un pouco deste tema.

O net label, é un sistema de publicación na rede, donde saen obras de varios artistas sonoros ou músicos electrónicos. Unha vez que entras no net label podes descargar os sons dos seus creadores vaixo licencia creative commons.

Actualmente hai publicadas nove referencias de: Maina, Berio Molina, aCrimonie, Plumb and Plumber, Sinsalaudio, Corda, Miguelon e Cualquiera.
Cada unha das publicacións pode ser catalogizada baixo termos diferentes, non toda a música que hai no net label é experimental, pero pode ser válido xa que no termo hai unha referencia a unha actitude máis que a un estilo sonoro.

Personalmente penso que o estilo está marcado a menudo polo software que utilizas para creala, e entendo un determinado software como un espacio donde se produce o sonido. Si tocamos un instrumento nunha catedral soa diferente que si o tocamos debaixo da auga, e igualmente si manipulamos o instrumento mentres subimos e baixamos correndo as escaleiras de casa, sona diferente que si o manipulamos coas mans atadas á espalda. Todo esto crea unhas regras de xogo que afectan á música, e cada software determinado, crea unhas regras de xogo concretas. Por eso non é o mesmo si pos unha fonte sonora no ableton live, no pure data ou nun dos softwares ixi. E logo están os plugins, que van dando forma ó sonido, e cada músico ten os seus paquetes de plugins preferidos que lle otorgan certa personalidade.

Hai pouco esoiteille decir a Sergi Jorda, músico catalán e desarroiador de pd no proxecto recTable, que o software era o instrumento, e polo tanto, facendo unha analoxía coa música "clásica", si o músico dedica oito horas o dia a dominar o seu instrumento, o músico dixital debería empregar un esforzo análogo no dominio do software!. Por suposto Sergi Jorda ten o seu propio software creado por el mesmo para facer a súa música: Fmol. Personalmente penso que o músico debe probar tódolos softwares e plugins posibles que estén ó seu alcance para a composición musical, para ter unha imaxe máis complexa das formas e estilos que se poden crear no mundo dixital, e como si escoitaramos toda a natureza do contexto dixital, os diversos espacios que hai creados no mundo dixital donde o sonido se pode manifestar, e a variedade de formas que se producen neses diversos espacios. Por suposto non está de máis saber programar por si algún destes softwares non che permite facer o que ti queres.

Por certo a comunidade en torno o software Pure Data está moi ben, xa que che permite crear os teus propios softwares-patchs para facer sonidos? e nesta comunidade hai infinidade de patchs: http://puredata.org/

Por eso a dificultade de intentar delimitarse nun estilo, e a sencillez, facilidade e liberdade de poder aveirarse baixo unha actitude.

_Cunha páxina como a que creástedes, e con tantas colaboracions e información ¿non tendes pensado baixar do ciberespacio e facer algún tipo de evento físico? ¿Tendes algún proxecto que nos poidades adiantar?

No pasado mes de febreiro levouse a cabo unha presentación da comunidade na Sala Nasa de Santiago de Compostela, e en xaneiro fixose unha xuntanza dos organismos alg-a en Ourense. Tanto unha como a outra deron moi bo resultado e seguro que se repetirán; posiblemente faremos outra presentación no clube Vademecwn de Vigo e en Barcelona, pero aínda non hai nada decidido.

As xuntanzas alg-a serven para coñecer de cerca ós organismos que forman parte da comunidade, e seguro que facemos máis, pero todavía non está decido nin a data nin o lugar donde se realizará a seguinte.

Moitas Gracias e ata pronto.

Moitas gracia a ti.

chao
Cristina.

chao
Berio.

Enviar comentario
Comentarios
23 de maio do 2006 10:53, por longina

obrigado berio polo que repeita a sinsal e máis a todo o que dis sobre o son. fantástico. seguimos logo alg-eando
saúdos os tripulantes
chiu

23 de maio do 2006 10:53, por pepa

Noraboa! Que completa a entrevista, flipante.
Había que mandarlla a algún conselleiro de cultura que eu me sei.

23 de maio do 2006 10:54, por isaac-cordal

Berio, tanta razón nese perímetro contenido que tes por cachola. Hai que darlle. Imos seguir con esto e intentar que nalgún momento se convirta nun espacio físico. Se alguén quere donar un espacio moolaba!. Unha aperta a todos en alg-a. Pronto estaremos de cumple. (Neeno, sinto o da cámara. à nimo.)

23 de maio do 2006 10:54, por berio

Xa che digo que molaba ter un espacio, é o que nos facía falta de verdade...

Bueno jabarín, gracias, e non te preocupes pola cámara, que xa a atopei, eso de perder cousas para volvelas a atopar ten a súa gracia!

Veña, saúdos e seguimos dandolle.

23 de maio do 2006 10:55, por berio

Moitas gracias pepa polo comentario,
...seguimos xenerando ideas comunitarias...

Saúdos subacuáticos.

.