equipo de traballo lab
sábado, 27 de outubro do 2007, por nela que.

Boas a todos e todas:

Tras moito pesquisar todos os alg-as neste tema…Xa temos un equipo de traballo centrado na coordinación do laboratorio alg-a e os seus containers.
Continuaremos co que entre todos comenzamos xa fai algún tempo…e desde este apartado de alg-a.org irémosvos anunciando todos os nosos movementos respecto diso do proxecto lab.

Polo momento, atopamos un sitio moi interesante cerquiña dos estaleiros de Bouzas-Vigo que comezamos a inspeccionar e investigar quen é o propietario, etc…..(foto)….aunque sen ánimo de que sexa posible que ese espazo sexa o que buscamos.
Proximamente asistiremos a varias reunións con dirixentes que poden achegar o que imos buscando, xa sabedes….en primeiro lugar un espazo real na cidade de Vigo, ou periférias varias, para acomodar os nosos containers a modo de cesión temporal ata novas construcións ou plans estratéxicos do concello….jeje así están as cousas a día de hoxe,…. Cunha primeira reunión do equipo e moitas ganas e enerxías postas nisto, animámosvos a participar activa ou pasivamente. Infórmovos que o sábado sairá no Faro de Vigo un anuncio clasificado cun contacto telefónico buscando unha cesión…asinado por alg-a…estamos abertos a suxerencias, propostas, accións, e outras…

un saúdo do equipo de traballo alg-a lab

equipo de traballo lab
Enviar comentario
Comentarios
27 de outubro do 2007 01:12

Decir que os donos deste espazo son ARMON e que o anuncio sairá tamén o domingo.
Bicos!
Antía

.