festivALT 07
luns, 26 de febreiro do 2007, por Sr pause.
categorías: Festivais

Estamos perante a séptima edición do ALT. e, como tódo-los anos, quixemos traer a Vigo unha programación variada e de grande calidade dentro da escea alternativa nacional e internacional. ALT. sempre trata de crear, por debaixo da programación e de un modo case subliminal, un punto en común entre todos os traballos para que o festival teña unha dramaturxia propia. Este ano hai en todas as compañías un punto de conexión co espectador amosando asdistintas problemáticas sociais que agochan un drama dos nosos días e que non sempre serán tratados coma tal xa que, o teatro, a danza ou a performance nos poden crear a ilusión, agrandar esto ou poetizar o outro, pero sempre con traballos moi arriscados no seu contido: a inmigración clandestina, o medo ao diferente, as fronteiras físicas e psíquicas, os envoltorios que nos poñemos para ocultar o drama interior, a morte en soidade nunha sociedade globalizada, a familia como principal encubridora dunha violencia non sempre recoñecida, a repartición do grande pastel mundial ou a problemática do terceiro mundo…son temas que se tratarán ao través de fermosas imaxes ás veces e con moita crueza outras.

Dúas novidades excepcionais para esta edición: a primeira, a incorporación da música e de dous colaboradores como o Festival Sinsal de Vigo e a sala Nasa de Santiago para traer ao grupo catalán Cabo San Roque e a segunda o cine, xentileza do instituto Goethe, coa proxección de dúas películas de Bertolt Brecth. Tamén a colaboración do Centro Coreográfico Galego, cuxos bailaríns nos darán sorpresas polas rúas ou nos autobuses. O noso pequeno grao de area a Vigo é este festival no que “curramos” todo o ano, porque queremos que as artes escénicas e en especial o teatro sigan vivos e para iso os primeiros que debemos estalo somos nós. Non deixemos morrer a cultura. Diante de nós hai librarías, teatros, cines, museos…que agochan un montón de historias para murmurarnos ao ouvido que estamos vivos.

¡Benvidos ao ALT.o7! Lola Correa (Directora do ALT.)

“A arte é unha chamada á que responden demasiados que non foron chamados” (Leo Longanesi)
_ Programa

Enviar comentario
Categorías
Sr pause