fin de semana activo!!
mércores, 13 de febreiro do 2008, por nela que.
categorías: Axenda

O sábado 16 de febreiro, trocamos na rúa
Amarante, Caleidoskopio e Verdegaia convócanvos a participar na xornada de troco e cesión que celebraremos o sábado 16 de febreiro na rúa Urzáiz, fronte ao mercado do Calvario, de 12 a 14:00 h. Calquera persoa que desexe compartir, trocar ou ceder tanto obxectos coma servizos pode achegarse, curiosear, montar un posto ou mesmo gozar do ambiente cidadán, que agardamos estea animado con malabares e actividades paralelas.

Manifestación 17 de febreiro ’Galiza non se vende’
TERRA VIVA E VIDA DIGNA PARA TOD@S
Non esquezas de acudir a manifestación de este 17 de Febreiro de 2008, que sae ás 12 da mañá da Alameda, en Santiago de Compostela, convocada pola rede GALIZA NON SE VENDE.
Desde A Guarda a Ribadeo, desde O Courel á Terra Cha, un terremoto de especulación e depredación da terra e do mar está destruíndo a nosa natureza, a nosa paisaxe e a nosa forma de vida. Está destruíndo, polo tanto, a propia identidade de Galiza.
Hoxe, máis que nunca, Galiza precisa de ti, da túa voz e da túa forza
Temos que recuperar o espírito das vellas xestas para amosar que aínda mantemos intacta a dignidade de pobo que non quere morrer.
Poranse buses para acudir a Santiago o prazo para estes remata o día 15, e a volta será as 18:00 horas.

Maís información nas páxinas:
http://galizanonsevende.org/
http://arianonsevende.nireblog.com/
http://www.verdegaia.org

Algo mais tranquilo... ir os MULTICINES NORTE
Dirección: Calle Vía Norte, 22 Localidad: Vigo
Precio general: 4,00 € Precio día del espectador: 3,50 €
1.000 m2 e cinco salas de proxeccións, comezou a sua actividade no ano 1982.
Un dos donos (Antonio Vázquez) dí: "Si Multicines Norte sigue abierto es porque apostamos por el cine de autor. Nos gusta este tipo de cine y si no es en nuestras salas, en ninguna otra parte de la ciudad se podrían ver películas como las que proyectamos"
.....eu vou ir mais a menudo...apoialos para que non nolos pechen ...
mira a carteleira aqui
boa semana...alg-as!

Enviar comentario
Categorías
nela que