free103point9 ++ Transmission Arts
domingo, 9 de marzo do 2008, por Asintomatic.
categorías: Comunidades

free103point9 é unha organización non lucrativa que promove o estudo e a transmisión de distintas artes audiovisuais, por medios como o espectro electromagnético e o streaming.

Realiza ademais talleres para nenos e adultos, exposicións, residencias, contando tamén cun selo, baixo o cal difunden obras dalgúns artistas.

Fundada en Brooklyn NY en 1997 como prolongación do existente colectivo de artistas Microcasting os obxectivos de free103point9 están centrados na loita por promover o acceso ás ondas hertzianas a través de frecuencias locais ao público en xeral e ás comunidades artísticas que realizaban traballos conceptuais especificamente desenvolvidos para a transmisión por radio.

Neste momento teñen dúas convocatorias abertas. Unha para participar e contribuír con traballos artísticos que traten a idea da transmisión e das propiedades físicas do espectro ( como o radio art, vídeo art,...) e a outra para poder solicitar unha residencia de verán no val de Hudson (upstate NY) nunha granxa co obxectivo de realizar novas obras e investigación sobre este tema.

via:turbulence

Enviar comentario
Categorías
Asintomatic