ignicións 12-07-2007

IGnicións

A miña primeira experiencia sonora que lembro conscientemente foi cando tiña 3 ou 4 anos. Protagonista absoluta: a fermosa colección de reproduccións de coches de época afanosamente nutrida pola miña tía e mailo meu pai. A competencia entre eles era feroz (a miña tía exiliada en Venezuela cada ves que viña traía caros e extraordinarios modelos ianquis que deixaban ó meu pai nunha delicada situación....)

Os modelos ianquis eran os meus preferidos. Non por ningunha razón estética especial nin moito menos ética ou moral. Sinxelamente eran os máis grandes. Por conseguinte os máis pesados. Por conseguinte, dende a ventana do comedor do 5º piso que daba ó patio interior do edificio que daba á gran vía o estruendo que producían os cadillacs, oldsmobiles, dodges etc da miña tía era considerablemente máis brutal co que producían os diminutos fiat, lancia, bmws etc do meu pai.

Hei de dicir que este tipo de comportamento non era exclusivamente musical. Por unha banda, o feito de alimentar a competencia entre o meu pai e maila miña tía proporcionábame abondosos réditos afectivo-emocionais a curto prazo ( interpretacións infantís do tipo: eu quéroche máis-non máis quéroche eu que víanse frecuentemente traducidas en curiosas cousiñas redondas de metal). Doutra, tratábase dun puro exercicio inconsciente de supervivencia da miña amígdala reptiliana, dado que eu daquela non chegaba ó cristal da ventá e, por conseguinte, non tiña unha perspectiva espacial completa do meu entorno, algo que nos presupostos xenéticos masculino-cazador-territorio-machote pode ser definitivo para o resto da túa vida. Polo tanto, era ese denso intervalo de silencio que transcurría xusto dende a tirada do obxeto ata o posterior contacto co chan o que me axudaba a “afinar” correctamente as miñas coordenadas.

Nembargantes, xa algúns anos despois, un son moito máis áspero, seco, cercano e medio- agudo (uns 2500-3500 hz) fíxome replantexar de inmediato o meu modus operandi. A tremenda bofetada que me sacudíu o meu pai cunha mao mentras coa outra brandía perigosamente a campá de bronce do salón (daquela xa podía saír á terraza) que lle entregara a domicilio o taxista da parada de abaixo uns minutos antes foi a causante da miña retirada definitiva e, craro está, da miña ruina.

A partires dese momento mudou radicalmente o escenario habitual das miñas andanzas sonoras. Somentes tiña dúas opcións: Mozart ou medirme cara a cara co territorio, ó rras do chan .

A rúa. Iso xa era outro cantar.

Madamme cell

Creative Commons License
ignicións by http://www.alg-a.org/ignicions is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

Comentarios
12 de xullo do 2007 11:31, por berio

moi bon nacho!
directo, conciso, áxil e expontáneo.
Hai que ter disposición e facilidade para vivir certos momentos concretos e actuar con eles. Encantoume

16 de xullo do 2007 04:48, por mig

solo se escoita en este ordenador, pero quizais podo imaxinar a imaxe (caramba)...
o chegar á pastora enchufarei o que haia que enchufar para disfrutar da nutrida imaxe (espero). Que adorable sonikete, cantos recordos, cantas obras...

1 de agosto do 2007 03:22, por mig

impresionante, gracias profe.

3 de agosto do 2007 05:16, por chiu

boísimo. nunha charla que preparei hai un tempo traballei con dous proxectos que están moi próximos a túa acción, un deles é o de noah vawter que para a súa tese fabricou un parato que transforma os ruídos da cidade en música (é un walkman que ten uns micros binaurais instalados e un pequeno procesador dsp que transforma o son que entra engadíndolle armónicos por arriba e por abaixo, tipo vocoder). aquí tes o seu video que está de puta mare tamén: http://web.media.mit.edu/~nvawter/thesis/

e o outro e da universidade de saldford, é un proxecto que se chama the positive soundscape e resúmese en que os ruídos propios da época que nos toca vivir débense abordar de xeito positivo (como fas ti no video), e non como facían os pais da paisaxe sonora, que estaban obsesionados coa contaminación acústica e pecaron dun pelín de nazismo. aquí está: http://www.acoustics.salford.ac.uk/research/davies_files/projects/soundscapes/positive_soundscapes_home.asp

Noraboa nacho, tamén che confeso que fixen algunhas cousiñas nesa dirección, pero o teu video non ten comparación

aperta
chiu

7 de agosto do 2007 15:00, por madamme cell

high autoestima!!high autoestima!! gracias polos comments, encantoume o vídeo de noah vawter do comentario de chiu, o dos ipods lembroume unha nachada que fixen n compos trocándolles a uns estudantes durante un anaco do seu paseo o seu mp3 por un minidisc a toda pastilla... tamén lémbrame o próximo vídeo de nelaque para a bienal de cerveira, onde lle engadimos un vocoder a unha coreografía (xa non adianto máis...) en fin, gustoume sobre todo a capacidade de dimensionamento dunha idea tan "sinxela" como é intervir espontáneamente co noso espacio sonoro cotiá, pofesional!! o meu (xa me coñecedes...) éche máis perralleiro, pero cecáis tamén pode chegar a ser máis variado ( ei mig, cantas destas fixemos só en pontevedra, 200, 300? o bó que ten é que pódese facer cun móvil, unha cámara do carrefur, tamén paréceme importante facer cousas diferentes con dispositivos que utilixa todo o mundo, pero bueno, ao ver estes tipo d vídeos con cacharritos, que ghanas de ver fucando o lab alg-aaaaa e gracias especiais a nelaque por contar conmigo no videolabel é pola vídeocámara... un bico da vosa madamme

moderación a priori

Este foro é moderado a priori : a súa contribución non aparecerá namentres non sexa aprobada por un administrador do web.

Quen é vostede?
Votre message
  • Ce formulaire accepte les raccourcis SPIP [->url] {{gras}} {italique} <quote> <code> et le code HTML <q> <del> <ins>. Pour créer des paragraphes, laissez simplement des lignes vides.