lll Rexoubeo en Vimianzo
domingo, 23 de decembro do 2007, por madamme.

A pegada do Batallón Literario da Costa da Morte segue presente e de actualidade gracias a iniciativas coma o Rexoubeo.

Esta xuntanza organizada pola asociación Axvalso de Vimianzo (organizadora xunto con Cherinkas do popular "Asalto ó castelo") baséase nas ideas e na semente deixada polo antes mencionado Batallón Literario da Costa da Morte: «Co pulo de devolverlle a voz ao pobo, recollerán, a través da literatura, diferentes pezas para que se dignifique, magnifique e expanda toda unha cultura:
a nosa».

Xunto cunha nutrida representación de artistas locais (Suso Quinito, Carlos+Minke, etc),varios organismos alg-a (o grupo de punk electrónico IGMIG xunto coas poetas María Lado e Lucía Aldao) estarán este ano no Rexoubeo, onde xa participaran Sr.pause, Madamme cell e Tasha Crofton na
súa anterior edición coa proxección en tempo real dun documental en clave poética sobre a Costa da Morte.
Máis info no blog o escunchador

Comentarios
24 de decembro do 2007 19:42, por Antia

Sorte a esos alg-as! Se vai alguen que grabe en video e ponha un clip en alga que mo vou perder oh!

25 de decembro do 2007 14:26, por nelaque

quero irrrrrrrrrrrrrrrrrrrr

27 de decembro do 2007 01:52, por opaneiro

din que polo medio de todo esto están os da ramboia periferica,
que hai de certo?
un saudo

.