netaudio.es pretende ser unha asociación dos netlabels, pequenos selos dixitais e outros axentes a nivel estatal que operan en Internet.
Coa intención de potenciar a escena de netlabels, presenta o seu programa de afiliciación á asociación, para agregar traballo e facer forza conxunta fronte aos grandes axentes da industria musical e dos novos medios.
Os obxectivos deste programa de afiliación son os seguintes:
– Asociar e reunir aos netlabels a nivel español (aínda que ampliable no futuro)
– Catalogar e agregar a música dos netlabels afiliados.
– Colaborar e cooperar nos seguintes ámbitos:
a) Presenza en eventos, festivais e produción de concertos.
b) Creación de música e novos formatos.
c) Discusión, creación e xestión de novos modelos de negocio.
– Difusión da música e a cultura netlabel
Para conseguir estes obxectivos, ofrécense os seguintes servizos aos netlabels:
– Promoción dos netlabels e a súa música a través do catálogo, que se podería converter nun punto central de encontro de música de netlabels.
– Participación en actuacións, festivais, concertos, etc promovidos pola asociación.
– Atopar outros netlabels para colaboración a nivel musical, produción, promoción.
– Dispor dun foro central onde discutir temas sobre netaudio (en fase de confirmación).
– Contacto con organizacións internacionais dedicadas ao netaudio e netlabels doutros paises.
– Participación nos proxectos de netaudio.es
a) Radio de netlabels ou inclusión de música de netlabels en radios
b) Música de netlabels en bares
c) Mesas redondas ou actos de divulgación sobre netaudio
d) Xornadas netaudio Barcelona
A afiliación a netaudio.es é gratuíta.
Para afiliarse é necesario completar o seguinte formulario cos datos do netlabel, que nos permitiran clasificar e construír o catálogo de netlabels.
Toda esta información formará parte de o catálogo de netaudio.es, consultable publicamente e que permitirá xerar unha escena e acceder á música de forma directa, sinxela e agregada, mediante os parámetros de procura e necesidades de cada público. netaudio.es non pretende facer a función dun selo, un distribuidor ou unha empresa de management, senón axudar á comunidade de netlabel a crecer e evolucionar. netaudio.es como entidade sen ánimo de lucro non saca un beneficio directo do catálogo, nin vende música nin fai de intermediario. O seu obxectivo é a promoción dos netlabels e a súa escena.