A editora portuguesa Crónica Electrónica ven de publicar na web un novo traballo da súa serie Unlimited de música de libre descarga. Trátase de The Mediterranean Drift, do creador baseado en Tel Aviv Ran Slavin (na miña opinión persoal, un dos máis interesantes compositores de música electrónica experimental).
Tamén pódese descargar o seu traballo anterior na mesma serie da CE, Nocturnal Rainbow Rising. Unha obra moi recomendable.