Novos lanzamentos na CE
luns, 24 de maio do 2010, por Durán Vázquez.
categorías: Publicacións, Son

A editora Crónica Electrónica de Porto xa ten dispoñible a súa referencia número 051 como descarga gratuita: "Shattering Silence". É un traballo de Mosaique, proxecto do lisboeta Jan Ferreira que en 2008 deuse a coñecer con "Filare", tamén dentro da serie de libre descarga da CE.

Entre maio e xuño estáse a producir tamén o lanzamento da referencia 050 da CE titulada "L", disco compilado de colaboracións entre diversos creadores da discográfica, xuntos por parellas como matrimonios de conveniencia para celebrar os cincuenta lanzamentos da editora, que botou a andar no ano 2003. Será un agasallo para os subscritores do magazine Neural, que apareceu neste mes de maio e comezará a entregarse a domicilio no vindeiro xuño. As copias que resten serán ofrecidas pola editora nunha promoción, a partir de xuño e ata esgotar existencias, con cada compra feita directamente a través da súa páxina web.

Todos estes traballos son un bo exemplo da estética sonora dixital que caracteriza a Crónica Electrónica. Máis que recomendable.

Novos lanzamentos na CE
Enviar comentario
Categorías
Durán Vázquez