o Lab ocupa espazo
mércores, 1 de novembro do 2006, por Sr pause.
categorías: Acción Social

ó fin, fíxose a luz. Literalmente. Gracias á xenerosidade dos veciños da Parda, que nos deixaron enchufarnos á corrente eléctrica, o primeiro Laboratorio Alg-a púxose en marcha ó longo do Domingo 22 de outubro.

Desafiando á chuvia e a Fernando Alonso, unhas 25 persoas achegáronse ó Lab (as naves abandoadas de Renfe en Pontevedra), para ve-lo documental "Topografías do Abandono", realizado por Alg-a, e disfrutar dunha sesión de audio e video en directo.

os organismos chegamos pola mañá cedo ó lugar. o primeiro paso foi conseguir que algún veciñ@ nos deixara enchufar unha mangueira eléctrica de 100 mts para darlle corrente á nave. Despois da desconfianza inicial, e tras explica-las nosas intencións (non eramos vendedores de enciclopedias!), nola deixaron conectar. O cable fixo un emocionante percorrido por xardíns de veciños, baixos de coches aparcados, toxos e ramalla variada, ata topar cun furado no ladrillo que tapiaba a fiestra da nave principal. Por ese furado entrou a luz. a primeira luz artificial en moito tempo que viu aquel espazo foi o led do proxector. Gracias á nosa alg-pintora favorita Antía, o Lab tivo nome impreso nos muros (podédelo ver nas fotos).

A eso das 6 da tarde comezaron a chegar os primeiros visitantes. un pouco máis tarde proxectábase o documental "Topografías do abandono", un filme que fai un mapa dos espazos abandoados nas poboacións galegas (neste caso, Vigo), xunto cunha acción alg-a reivindicando un lugar físico de creación colectiva, e rematando cunha entrevista que lle fixemos ó arquitecto e artista Santiago Cirugeda [en breve, poderedes ve-lo video en alg-a.org]. Lugares abandoados proxectados sobre as paredes húmidas e mohosas doutro espazo ex-abandoado.

Rematamos a xornada Lab cun debate sobre a cultura do abandono, e cunha sesión de audio/video en directo a cargo de Xesús Valle & Srpause. O son das pingas que caían polos furados do teito misturábanse coas frecuencias dixitais nunha secuencia perfecta.

O Lab botou a andar, é móvese rápido. A ocupación cultural das naves de Renfe en Pontevedra foi a primeira das ocupacións periódicas que o Lab alg-a levará a cabo, en reivindicación dun espazo físico de creación libre.

Colectivo responsable busca espazo. Agradécense cesións.

imaxes

Enviar comentario
Comentarios
2 de novembro do 2006 00:26, por berio

Moi chulas as fotos!. E agora a preparar a seguinte!

Quizáis para a seguinte poderiamos entrevistar a algún abogado ou político de aquí.

5 de novembro do 2006 06:36

menudo apagón onte .... media Europa!
Ocupemola toda!

9 de novembro do 2006 01:59

O black out, ese apagón enteiro...eu sobreviviría perfectamente.

Categorías
Sr pause