obradoiro de Internet_TV no Artech06
xoves, 9 de novembro do 2006, por srpause.

Alg-a continúa cos seus obradoiros, neste caso dentro do marco de obradoiros Reinicia (simposio internacional Artech 06, Pontevedra).

Este é o segundo curso impartido por organismos Alg-a no Artech 06, despois do obradoiro Escoitar.org
En "Internet_TV" (coordinado e impartido polos organismos Isaac Cordal e Roi Fernández), procuraránse novos xeitos de comunicación participativa e bidireccional, centrándose na creación dun videoblog personalizado e na cobertura on-line dun evento.

O sistema operativo de traballo será o Linux Ubuntu.

O curso comeza hoxe xoves 9 ás 16:30, na Casa das Campás (vicerreitoría de Pontevedra).

Comentarios
9 de novembro do 2006 05:08, por berio

sorte mandriles!
xa teño curiosidade por eses videos!

.